Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 24 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Mellora para accesibilidade á Igrexa e cemiterio de Santa María

[Img #29459]

 

Estanse a levar a cabo as obras para a construción dunha rampla de acceso ao adro da Igrexa de Santa María así como ao cemiterio parroquial dende a estrada EP-2501. A zona, de enorme valor patrimonial, carecía ata o de agora dun acceso axeitado para as persoas con mobilidade reducida, polo que se facía precisa unha obra deste tipo. Unha vez estudadas varias opcións, estableceuse como a máis viable, práctica e funcional a construción dunha rampla dende a zona de aparcamento dos vehículos ata salvar a diferenza de nivel co adro  da Igrexa, confluíndo así na entrada do recinto os chanzos existentes e a rampla.


O proxecto, con un orzamento de 5.594,01 €, está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, a través da liña de axudas para a rehabilitación do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos Concellos da Provincia de Pontevedra. O Concello de Salceda consegue con esta obra dous obxectivos fundamentais: por unha banda segue así a avanzar na liña de conseguir un municipio totalmente accesible para as persoas con mobilidade reducida, e pola outra prosegue na posta en valor e coidado do riquísimo patrimonio histórico-cultural existente en Salceda.


A Igrexa de Santa María ten a súa orixe coa Raíña Aragonta, esposa do Rei de Galicia Ordoño II, que fundou aquí o Mosteiro de “Sta.María de Saliceta” no ano 914.


Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Seguimos a traballar en achegar e poñer en valor o noso riquísimo patrimonio cultural e histórico. A Igrexa e Cemiterio de Santa María é referente como corazón e lugar de encontro da Salceda de onte e de hoxe”


Tere Pérez, Concelleira de Benestar Social e Patrimonio: “Salceda está a dar grandes pasos no camiño de conseguir a total accesibilidade para tódalas persoas aos lugares públicos e de interese. Nese senso seguiremos a poñer tódolos nosos esforzos con esta e outras melloras imprescindibles para lograr o noso obxectivo. É de xustiza”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.