MOS
Primeiro paso para a plena implantación da fibra óptica en Mos
O contrato para dar servizo ás dependencias municipais levará a instalación ata as zonas de Reguengo, Porteliña e As Pozas.
![[Img #29475]](upload/img/periodico/img_29475.jpg)
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Facenda e Contratación, Alberto Méndez, informaron de que o Concello de Mos aprobou esta mañá en Xunta de Goberno Local o expediente de contratación do servizo de acceso a internet das dependencias municipais, que foi adxudicado á empresa galega ‘R Cable y Telecomunicaciones Salicia S.A.’; e grazas ao que a fibra óptica chegará a Petelos na zona da Casa Consistorial (Reguengo), á Porteliña onde se atopa a Biblioteca e ás Pozas no contorno do Multiusos.
A contratación do servizo, que ata o de agora prestaba Vodafone, é de catro anos de duración.
As características técnicas deste servizo serán as seguintes: para a Casa do Concello unha velocidade de baixada de 200 Mbps e de subida de 20 Mbps, e para o edificio no que se atopan as dependencias municipais de Urbanismo e Servizos Sociais, a Biblioteca Municipal e a Axencia de Colocación, unha velocidade de baixada de 100 Mbps e de 10 Mbps de subida.
O planning de traballo da empresa concesionaria comezará de inmediato co replanteo e xeración de deseños e documentación técnica, labores que se prolongarán durante un mes aproximadamente. En xaneiro R iniciará os trámites administrativos e a solicitude de licenzas e permisos para acometer a instalación que se estima poida ser iniciada de cara a mediados do ano que ven comezando pola planificación e execución da obra civil e o tendido de fibra, traballos que se prolongarán durante tres meses; tras os cales chegará a parte final do proxecto, consistente na instalación e proba de equipos nas dependencias municipais anteriormente enumeradas. No 2017 quedarán dotadas de fibra óptica ditas dependencias.
Desta instalación veranse beneficiados, ademais dos edificios municipais, os veciños das zonas de Reguengo, Porteliña e As Pozas, as tres en Petelos; que poderán contratar o servizo de conexión a internet vía fibra óptica se así o desexan para obter unha maior velocidade de navegación, ó contar coa instalación de cableado de fibra realizada para abastecer ó Concello, dependencias de Urbanismo e Biblioteca (posto que a Axencia de Colocación xa conta con servizo de fibra óptica).
Beneficiarios indirectos serán tamén todos os habitantes do Concello de Mos, pois coa velocidade da fibra óptica axilizaranse os trámites telemáticos a realizar dende os diferentes departamentos municipais, reducíndose os tempos de espera por parte dos usuarios. Isto é, preténdese crear unha administración local máis áxil e eficaz na que se poida ir implantando progresivamente a administración electrónica, xa que un dos principais hándicaps para a implantación da mesma era a limitada e lenta conexión a internet existente na localidade mosense.
A intención do goberno local é que se vaian extendendo as zonas con instalación de fibra óptica por todo o termo municipal, polas 10 parroquias mosenses; e este novo contrato de servizo de internet municipal é o primeiro paso.
Deste xeito o goberno de Mos pon a primeira pedra para acadar unha das súas principais promesas electorais consistente en xeneralizar a e-administración real e na posta en marcha dun plan de implantación de internet de alta velocidade mediante fibra óptica dividido en varias fases no seguinte orde: locais municipais, centros educativos, zonas empresariais, zonas urbanas e zonas rurais.
Os representantes muncipais, Arévalo e Méndez, declararon hoxe que de cara ao final de lexislatura esperan ter este plan, se non totalmente realizado, sí moi avanzado. “Deste xeito continuamos a demostrar que este equipo de goberno local cumpre o que promete”, dixeron.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149