GALICIA
O Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia amplía a súa acreditación a ensaios en microbioloxía de augas
Con esta ampliación, o ENAC recoñece a competencia técnica do laboratorio para este tipo de probas nas augas continentais naturais no sector ambiental.
O Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, vén de ampliar por primeira vez a súa acreditación a ensaios na área de microbioloxía de augas. Con este recoñecemento, concedido pola ENAC, o laboratorio reforza a súa capacidade para afianzarse como un centro de referencia estatal na área de medio ambiente, tanto no que se refire a tarefas de vixilancia e control da calidade do aire e a auga, como no referente á investigación aplicada ao campo do medio ambiente.
Esta ampliación, ademais de incluír a área de ensaios microbiolóxicos en augas continentais naturais, abarca os ensaios de mercurio en augas residuais, de fenoles en augas naturais e de metais pesados en filtros soporte de aire ambiente.
Na actualidade, a función principal do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia é a prestación de soporte analítico das actualizacións da Dirección Xeral de Calidade de Avaliación Ambiental -departamento do que depende- e ten dúas sedes: unha na Coruña, especializada en análises de contaminantes químicos; e outra en Pontevedra, centrada na avaliación do estado ecolóxico das augas naturais.
Súmase ao recoñecemento da competencia técnica para o análises fisicoquímico das augas mariñas, continentais naturais e residuais e para os ensaios de mostra de aire ambiente e auga de choiva
En 2016, o LMAG realizou máis de 100.000 determinacións. Deste total, unhas 80.000 realizáronse en mostras de auga co obxectivo de vixiar o cumprimento da lexislación sobre verteduras e para coñecer e avaliar a calidade da augas. Analízanse a auga das rías e as augas continentais, incluídos os ríos e os encoros nos que se capta a auga destinada ao consumo humano.
O laboratorio é, polo tanto, un organismo de avaliación do cumprimento dos requisitos medioambientais definidos pola lexislación vixente, e neste traballo a acreditación cobra especial relevancia, xa que é un recoñecemento formal da competencia técnica do laboratorio; é dicir, a acreditación é un xeito de identificar a aqueles organizacións que ofrecen máxima fiabilidade nos traballos que realizan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126