Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 27 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Aprehendo e Ollomol gañadores do I Concurso de Escaparates e Ambientación de Gondomar

[Img #29514]O xurado da primeira edición do Concurso de Escaparates  e Ambientación de locais de nadal de Gondomar tras visitar os  case 40 establecementos participantes reuniuse o  pasado xoves para a toma de decisións.

 

 Os gañadores son, na categoría de ambientación:  primeiro premio  para o local Aprehendo, do que o xurado quixo destacar a utilización de materiais de uso diario aplicándoos a novos contextos ademáis de valorar positivamente o uso do espazo do que dispoñían. O segundo premio de esta categoría é para Herboristería Bambú, por facer unha ambientación correcta e grazas o sentido da profundidade do que souberon dotar a sua decoración.  Por último o xurado premia co  terceiro galardón a decoración natural a base de productos do sector de Nancy Armijo Estilistas.

 

Os premiados na categoría de escaparatismo son, en primeiro lugar:  Ollomol pola organización, o uso de materiais naturais e a composición xeral do seu escaparate.  Auto Serviancar lévase o segundo premio do xurado por acadar o efecto desexado con poucos materiais e unha paleta de cores limitada. O terceiro premio é,  pola sua orixinalidade, sinseleza e movemento , para o escaparate de Expert Gondomar.

 

Os primeiros postos de cada categoría teñen por premio 300€,  mentras que os segundos e  terceiros recibirán un diploma que recoñece o valor das súas creacións de nadal.  Todos eles terán por premio a publicidade e promoción dos seus negocios nas redes sociais do Concello e na páxina Web durante o mes que eles escollan.

 

A organización do Concurso a cargo da Concellería de Comercio do Concello de Gondomar, dirixida por  Xosé Antón Arauxo,  quere felicitar a todolos gañadores e participantes. Invitando ademáis os gondomareños e visitantes que fagan as suas compras na vila condal, o mellor premio para tódolos participantes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.