MOS
O Pleno mosense pídelle á Deputación a humanización e mellora da seguridade vial da Estrada Provincial Puxeiros-Mos
Úrxese humanizar catro puntos concretos de máxima prioridade, optimizar a sinalización vertical e buscar unha solución para reducir a velocidade do tráfico rodado.
![[Img #29521]](upload/img/periodico/img_29521.jpg)
O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos aprobou onte por unanimidade dos seus membros instar á Deputación de Pontevedra a que humanice a Estrada Provincial 2601 que comunica Puxeiros coa parroquia de Mos. Tamén se acordou solicitarlle á administración provincial que mellore a sinalización vertical e faga o necesario para reducir a velocidade en todo o traxecto.
A Estrada Provincial EP2601, que comunica a parroquia de Mos con Puxeiros, é moi transitada por vehículos así como a pé polos veciños e veciñas do Concello.
A existencia de beirarrúas é puntual e mínima no percorrido, e por iso considérase necesario e imprescindible que se proceda a humanizar toda a estrada. Obviamente hai que priorizar e, por iso, proponse que se comece por catro puntos, para logo facer extensiva a mellora a todo o vial.
Os puntos prioritarios a humanizar son os seguintes catro:
- Desde o enlace coa Estrada Nacional 550, ate o enlace co vial de Castro-Mos, (parte desta humanización sería aproveitada polos numerosos peregrinos que fan o Camiño de Santiago)
- Desde o alto de Barreiro ata o cruce do Bar Iglesias (unha parte deste traxecto xa está humanizada, polo que sería darlle continuidade para rematalo)
- Desde o Bar San Franco ata a entrada cara ao San Franco en Dornelas
- Desde a Policía Local ata a rotonda da antiga Estrada Nacional 120
Á humanización destes catro puntos habería ademais que sumar, como xa se dixo ao principio, a mellora da sinalización vertical e unha solución para reducir a velocidade en todo o vial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149