NIGRÁN
O Concello de Nigrán celebra o venres a San Silvestre "bautizando" a rúa Argonautas
“Antes de iniciar a San Silvestre descubriremos a placa que nomea a rúa como “Rúa dos Argonautas”. De novo Nigrán despide o ano respaldando a promocionando as actividades deportivas e aos seuas deportistas” declara Juan González, Alcalde de Nigrán.
A proba deportiva, non competitiva, sairá ás 19,00 horas do venres 30 de decembro dende a Piscina Mancomunada de A Ramallosa e recorrerá o paseo Torrente Ballester, rodeará Monte Lourido polo sendeiro azul ata a recentemente remodelada “Fonte Seca” de Lourido nun recorrido de aproximadamente 6 kilómetros.
Antes de iniciar a San Silvestre o Alcalde de Nigrán e os membros do clube de Atletismo “Os Argonautas do Miñor” descubrirán a placa que dará nome a esta rua como “Rúa dos Argonautas” despois da proposta levada ao pleno de xuño de 2016 donde Nigrán aprobou nomear esta rúa, a proposta do propio clube de atletismo e respaldada con 355 firmas.
Os Argonautas do Miñor son un club de aficionados ao atletismo da comarca miñorana que ten seu punto de encontro e entrenamento na piscina de A Ramallosa, rúa que ata o pasado mes de xuño carecía de nome. Os membros do clube declararon que identifícanse cos aguerridos protagonistas dunha das lenda gregas máis antigas, previa á guerra de Troya. A dos tripulantes de Argos, a nave capitaneada por Jasón, ao que axudaron a lograr o vellocino de ouro para recuperar o trono de Yolcos, en Tesalia, usurpado por su tío Pelías.
“A aposta de este goberno polo deporte é total e absoluta e cremos que o mellor xeito de despedir o ano é facendo deporte, facendoo en comunidade e sobre todo divertíndose para que pouco a pouco sexamos quen de incorporalo ós hábitos dos máis pequenos. O ano 2017 será un ano moi importante para o deporte nigranés xa que disporemos dun pavillón de deportes totalmente renovado, despois de 40 anos no olvido, e dun gran espazo deportivo en Porto do Molle”, indica Juan González, Alcalde de Nigrán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184