O PORRIÑO
O Porriño despedirá 2016 o venres día 30
Será nunha festa chea de luces e son que levará aos asistentes aos anos 80 do século pasado
![[Img #29540]](upload/img/periodico/img_29540.jpg)
A Festa de Pre Fin de Ano deste 2016 dará comezo ás 21:30 h. do vindeiro venres, día 30 de decembro, co inicio da actuación da Rondalla de Santa Eulalia de Atios e da Rondalla de Pontellas, que percorrerán as rúas da vila ata chegar ao centro.
Ás 10 da noite, na Carpa do Roxy empezarán as actuacións dos grupos e artistas que amenizarán a ‘despedida’do ano ata as 3 da mañá: iniciará a festa o grupo Broken Peach, que estará no escenario de 10 a 11 e media para dar paso á montaxe da cabina de DJ Charlie, xusto ante das campás de media noite e os ‘Lacasitos da sorte’, que farán as veces das tradicionais uvas.
Ás mesmas seguirán as sesións do DJ Charlie, que porá a música ao desfile e a visita de 25 personaxes que desfilarán pola pasarela de animación con vestiario deseñado e feito para a ocasión por unha empresa de O Porriño.
O Concello lembra que o aforo da carpa, que contará con 10.000 watios de luces e 15.000 de son, está limitado a 1.800 persoas e pide aos asistentes que acudan caracterizados coma si estiveramos aínda nos anos 80 do século pasado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149