GALICIA
Os portos de titularidade autonómica incrementaron o tráfico de mercadorías máis dun 4% interanual ata finais de novembro
A cifra total de mercadorías descargadas situouse en 1,5 millóns de toneladas e as dársenas con maior actividade foron Cariño, Ribadeo e Cee, respectivamente.
O volume de tráfico de mercadorías nos 122 portos de titularidade autonómica dende o 1 de xaneiro ao 30 de novembro de 2016 foi de 1.545.000 toneladas, unha cifra que supón un incremento de 65.000 toneladas en termos netos e de máis do 4% en termos porcentuais respecto ao ano anterior. Así se recolle no último informe de xestión elaborado por Portos de Galicia co peche do mes pasado.
Os peiraos con maior volume de tráfico de mercadorías foron, respectivamente: Cariño, con 477.000 toneladas; Ribadeo, con 438.000 toneladas; e Cee, 323.000 toneladas. Cómpre facer especial mención ao caso de Viveiro-Celeiro, que rexistrou nos 11 primeiros meses do ano o movemento de 146.000 toneladas de mercadorías, un 33% máis que o ano anterior.
Respecto á descarga de pesca fresca, nos peiraos dependentes da Xunta de Galicia descargáronse ata o 30 de novembro 98.890 toneladas de peixe. Esta cifra supuxo un importe total da venda en lonxa de máis de 252 millóns de euros, un 6% máis que no mesmo período de 2015. Os peiraos con maior volume de descarga de pesca fresca foron: Ribeira, con 29.597 toneladas; Burela, con 21.248 toneladas, e Celeiro, con case 15.000 toneladas.
Finalmente, as descargas de túnidos conxelados continúan coa súa tendencia ascendente, destacando o porto da Pobra cunhas descargas de 124.000 toneladas, un 6% máis que nos primeiros 11 meses de 2015. Pola súa parte, no porto de Ribeira descargáronse 34.300 toneladas, un 24% máis que no mesmo período do ano anterior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126