PROVINCIA
Mos recibirá en 2017 case un millón de € do Plan Concellos da Deputación, un 6 % máis de recursos que o ano pasado
"O Plan Concellos para 2017 achégalles unha media dun 3 % máis de cartos aos concellos da provincia; Mos, cunha subida de 51.000 euros, é un dos máis favorecidos" explican dende o organismo provincial.
![[Img #29562]](upload/img/periodico/img_29562.jpg)
A Deputación de Pontevedra achegaralle o vindeiro ano un 6 % máis de recursos ao Concello de Mos no marco do Plan Concellos 2017. Deste xeito, a vila recibirá un total de 939.278,39 € do Plan Concellos 2017, 51.119,97 € máis que este ano, "o que supón un 5,76 % máis de recursos que en 2016, ano no que xa tivo un 28,7 % de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 197.862,35 € máis)" explican dende a entidade provincial. Á marxe do Plan Concellos, Mos recibirá o ano que vén outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o Concello poderá concorrer.
Investimentos totais durante 2016
Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Mos un total de 1.320.743,26 €, dos cales 888.114,43 € se corresponden co Plan Concellos 2016. Ademais, a institución provincial investiu 77.000 € en mobilidade, 117.000 € en cohesión social e xuventude, 34.000 € en cultura e lingua, 104.000 € para o fomento do emprego, 22.000 € para o impulso do deporte e outros 14.500 € para a igualdade entre mulleres e homes.
En concreto, a través da liña 1 do Plan Concellos, investíronse 540.751,14 € para o desenvolvemento de accións de mantemento de reparación de instalacións deportivas na piscina Óscar Pereiro, o proxecto básico e a execución da rehabilitación dunha construción como ludoteca en Louredo, un muro de pedra para contención e a humanización do camiño das Pozas. Ademais, 121.000 € para sufragar gastos correntes a través da liña 2, 33.304 € na liña 3 para o financiamento da Cabalgata de Reis, a Festa da Rosa, o entroido ou o programa "Mos familiar", entre outras actividades, e, grazas á liña 4, creáronse 20 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 192.761,22 €.
Á marxe do Plan Concellos 2016, Mos recibiu 34.389,12 € para o fomento da cultura e a lingua na vila, con preto de 70 actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, e axudas para a sinalización do patrimonio histórico-cultural e a dinamización lingüística. Tamén se destinaron 116.879,78 € para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais comunitarios e especializados, as axudas básicas de emerxencia e o servizo de teleasistencia domiciliaria (do que se benefician 28 persoas) ou ben mediante os programas "En Ruta coa Depo", "Depo en marcha", "Depotermal", "Tecendo lazos" e "Depo Aventura A Lanzada", no que participaron 32 nenas e nenos do concello.
Do mesmo xeito, Mos recibiu 22.177,70 € para o deporte federado de base, a copa de fútbol Deputación de Pontevedra, actividades deportivas e as DEPOrte Escolas de fútbol (tres) e balonmán (outras 6), así como 104.251,68 € destinados ao fomento do emprego a través dos Plans de Práctica Laboral, que están a permitir que catro persoas desenvolvan a súa primeira experiencia laboral no Concello de Mos e, outras sete, no seu tecido empresarial. Tamén se achegaron 14.503,60 € para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a través do programa "Conectadas 2016" e das axudas aos concellos de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, e a Deputación de Pontevedra investiu, do mesmo xeito, outros 77.180,35 € en materia de mobilidade, en concreto para as obras de sinalización horizontal e o Plan MOVESE.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.219