Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 31 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Goberno de Carmela Silva aproba a ampliación e a concesión de novos obradoiros de "Tecendo lazos" a preto de 20 concellos da provincia

O programa de envellecemento activo, ao que se adheriron 44 vilas, impartirase ata o 15 de xaneiro de 2017.

[Img #29556]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a ampliación do prazo de impartición e a concesión de segundos obradoiros do programa do Servizo de Cohesión Social e Xuventude "Tecendo lazos". Deste xeito o programa de envellecemento activo, no que participan nenas e nenos, nais e pais e avós e avoas de 44 concellos da provincia de Pontevedra creando espazos de encontro interxeracionais, impartirase ata o vindeiro 15 de xaneiro en 16 desas vilas, en concreto, en Arbo, Baiona, Barro, Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, Gondomar, A Illa de Arousa, Moaña, Mondariz, Nigrán, Ponte Caldelas, Pontecesures, Rodeiro, Soutomaior, Valga e Vilaboa.

 

Ademais, tres concellos, Cerdedo-Cotobade, Nigrán e O Rosal, solicitaron poder impartir un segundo obradoiro debido á alta solicitude de participación nestes. Destacan casos coma o de Nigrán, no que xa comezou un dos dous obradoiros de "Sabores do mundo" e no que se inscribiron 57 persoas, cando o número máximo de participantes por cada unha das actividades é de 30.

 

A presidenta, Carmela Silva, asegurou que "Tecendo lazos é un éxito notable e, ademais, un programa moi relevante, xa que o que consegue é pór en contacto a distintas xeracións para que as persoas máis novas poidan aprender das maiores, e que estas se sintan moito máis integradas e útiles". Ademais, asegurou, "Tecendo lazos permite que todas esas experiencias, todo o seu coñecemento acumulado, non se perdan e poidan facer a súa achega á construción dunhas sociedades mellores". Por iso, rematou a presidenta provincial, "imos permitir que todas as persoas que se inscribiron poidan participar neses obradoiros".

 

 

 

 

Lembramos que "Tecendo lazos" ten por obxectivo fomentar o envellecemento activo, mellorando a actividade física, cognitiva e social das persoas maiores e, entre as máis novas, as súas habilidades sociais e empatía cara ao resto das xeracións.  O programa tamén ofrece un espazo de encontro e intercambio de experiencias que potencien movementos de participación e cooperación social a través de talleres englobados nas áreas "Risos en familia", "Coas mans nos pucheiros", "Álbum familiar", "Brincadeiras de sempre" e "O noso son"

 

 

 

 

"Tecendo lazos", ao que se adheriron 44 vilas da provincia de Pontevedra, está dirixido ás persoas residentes dos concellos de menos de 20.000 habitantes e conta cun orzamento da Deputación de Pontevedra de 60.000 €.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.