AS NEVES
As xornadas solidarias de nadal nas Neves destinan recursos a axudas sociais
A 4ª Carreira do Pavo e o xornada unha Masaxe por un Xoguete entregaron alimentos e xoguetes ao Concello.
![[Img #29585]](upload/img/periodico/img_29585.jpg)
Nos últimos días o Concello das Neves recibiu para o departamento de Servizos Sociais máis de 600 quilos de alimentos e preto de 250 xoguetes que serán xestionados para entregar as familias con máis dificultades seguindo os criterios establecidos polas normativas que regulan as axudas sociais.
A 4ª Carreira Solidaria do Pavo que se celebrou pola contorna urbana das Neves tiña como único requisito para a inscrición a entrega de alomenos un quilo de alimentos por participante. Logo da recollida a Asociación Cultural Deportiva Sanomedio, organizadora da proba, entregou a cita cantidade de axuda.
Tamén por primeira vez nas Neves o Centro de Formación Escola Europea Parasanitaria pertencente ao Grupo GET con sede en Taboexa levou a cabo a xornada solidaria “Xoguete=Masaxe”. Celebrouse no pavillón municipal de xeito que calquera que asistiu cun xoguete recibiu unha masaxe gratuíta.
O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, agradecía o interese e a colaboración das asociacións e empresas para a consecución desta xornadas lúdicas e sociais que tanto aportan ao noso Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49