MOS
O conselleiro de Sanidade visita o Centro de Saúde e as dependencias do 061 no Rebullón
Estivo acompañado pola alcaldesa quen abordou a transferencia ao Sergas da xestión do Centro.
![[Img #29601]](upload/img/periodico/img_29601.jpg)
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, realizou esta mañá unha visita ao centro de Saúde de Mos, situado na Avenida do Rebullón, na que estivo acompañado pola alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro; Jorge Aboal Viñas, director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Vigo, Julio García Comesaña, director de Procesos Asistenciais da EOXI de Vigo, Mª. Holanda Rodríguez Vázquez, directora de Procesos sen Ingreso e Urxencias da EOXI Vigo, Elena Lorenzo Llauger, subdirectora Asistencial da Área Médica e Ana Estévez Álvarez, subdirectora Procesos de Enfermería.
O conselleiro aproveitou para saudar ao persoal sanitario que traballa no Centro de Saúde mosense e incluso para departir con algúns veciños/as que se atopaban á espera de consulta médica. Visitou as instalacións do Centro, inaugurado no ano 1994, e presentouse unha nova sala nas dependencias habilitada como área destinada á atención de pacientes de urxencia, para que estes conten con todas as comodidades e a intimidade preceptiva no momento no que estean a ser tratados.
![[Img #29602]](upload/img/periodico/img_29602.jpg)
Vazquez Almuiña achegouse tamén ata as intalacións das que o persoal de Emerxencias do 061 dispón no antigo Hospital do Rebullón, que se atopan ao lado do Centro de Saúde.
Xunto con Vigo, Pontevedra e Sanxenxo (aquí tan só no verán); Mos é un dos catro concellos da provincia de Pontevedra que contan con centro base do 061 dotado de ambulancias medicalizadas.
A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, lembroulle ao conselleiro a necesidade para a administración local de que o Sergas asuma a xestión do Centro de Saúde e as arcas municipais poidan evitar a carga económica que para elas supón o mantemento dunhas dependencias destas características.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149