MOS
O aparcadoiro do Cemiterio Municipal de Mos terá por fin acceso directo dende a Estrada N550
Fomento autoriza ao Concello a acometer esta obra tan demandada pola veciñanza.
![[Img #29609]](upload/img/periodico/img_29609.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Patrimonio, Camilo Augusto, vistaron o pasado venres a zona do aparcadoiro do Cemiterio Municipal de Mos; aparcadoiro ao que se fará un acceso directo dende a Estrada Nacional 550.
Dita obra, enormemente demandada pola veciñanza, vai ser posible de xeito inminente grazas á autorización do Ministerio que acaba de recibir a administración local mosense, tal e como informaba a rexedora do Concello de Mos.
Os representantes municipais, Arévalo e Augusto, lembraban que “este aparcadoiro ten xa uns 15 anos e debeu ser durante a súa acometida cando se fixese esta xestión, sen embargo alegrámonos de ter logrado desbloquear este asunto e que por fin o aparcadoiro do cemiterio de Mos vaia ter acceso directo dende a N550”. Deste xeito os vehículos poderán ter entrada e saída directa ó cemiterio dende a Estrada Nacional.
Alcaldesa e edil anunciaron que os traballos de acometida deste acceso comezarán inminentemente, a principios de ano, e informaron de que serán realizados con fondos propios municipais. Ditos traballos incluirán labores de canalización de augas, acondicionamento e pavimentación da zona de entrada, sinalización vertical e reforma das beirarrúas existentes.
Nidia Arévalo declarou a este respecto que “dende o Concello de Mos sentímonos moi satisfeitos de poder poñer en marcha esta obra tan importante e tan demandada polos veciños e veciñas, e que redundará moi favorablemente na fluidez do acceso ao cemiterio, así coma na potenciación do uso do aparcadoiro habilitado, evitando que os coches aparquen no arcén da Estrada Nacional perxudicando a seguridade viaria”. Así mesmo agradeceu a “total colaboración do Ministerio de Fomento neste senso, sen a cal este proxecto non sería posible”.
A autorización concedida por Fomento ao Concello de Mos para a execución desta obra é dun prazo dun ano, antes de cuxa expiración deben estar rematados os referidos traballos.
A ubicación exacta na que se atopa o aparcadoiro do Cemiterio Municipal de Mos, e onde se vai a construír o novo acceso, é o punto quilométrico 152 da Estrada Nacional 550, na súa marxe dereita.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149