PROVINCIA
Nava Castro visita os traballos de acondicionamento da área de recepción de visitantes dos Muíños de Folón e Picón
A Xunta destina 250.000 euros para esta actuación coa finalidade de mellorar os servizos dispoñibles no conxunto e impulsar o turismo no Baixo Miño.
![[Img #29594]](upload/img/periodico/img_29594.jpg)
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela, visitaba a semana pasada os traballos de acondicionamento da área de recepción de visitantes dos Muíños de Folón e do Picón para os que o seu departamento destina un total de 250.000 euros.
Os traballos que se están desenvolvendo dotarán aos Muíños de Folón e do Picón dunha área de recepción de visitantes, da que agora carece. A intervención inclúe a creación dunha área de chegada, dunha zona de aparcadoiro para turismos e autobuses e dun punto limpo para que os visitantes deixen recollidos os residuos que xeren durante a súa visita.
Habilitarase unha área de chegada, un aparcadoiro para turismos e autobuses, un punto limpo, aseos e unha zona de descanso
Así mesmo, estase a realizar un pequeno volume que acollerá os aseos para uso dos visitantes e tamén se acondicionará unha zona para charlas ao aire libre e descanso. Desta maneira, ademais de visitar o conxunto mediante unha ruta circular, poderanse realizar actividades complementarias e relacionadas co ocio e co turismo neste espazo natural.
Durante a visita, a directora de Turismo de Galicia asegurou que esta mellora permitirá poñer en valor este conxunto patrimonial, declarado Ben de Interese Cultural, que constitúe un complexo histórico, etnográfico e industrial único en Europa. Ademais, segundo afirmou, potenciarase a oferta turística da comarca do Baixo Miño.
Así mesmo, Nava Castro aproveitou a ocasión para enxalzar que Galicia conta cun “rico patrimonio construído así como importantes tradicións, elementos etnográficos e da vida social e tradicional polos que debemos apostar para non perder esta cultura propia que nos identifica como pobo”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180