Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Fonte: Concello de Vigo / Xornal21.es
Sábado, 31 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

O goberno da Área Metropolitana abordará o transporte ao aeroporto e ao hospital

[Img #29605]

 

Abel Caballero reiterou este venres a "importancia" de ter constituido onte o goberno da Área Metropolitana de Vigo, asegurou que o seu funcionamento "está garantido" e que atenderá as necesidades dos cidadáns. O alcalde citou o transporte ao hospital o aeroporto: "estas serán algunhas das cuestións que tratará o goberno da Área Metropolitana"



O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recordou este venres a "importancia" da constitución do goberno da Área Metropolitana, que tivo lugar onte con alcaldes e alcaldesas que representan a máis do 80% da poboación e a solicitude de adhesión ao ente doutros sete concellos. Caballero explicou que o funcionamento da Área "está garantido" e dará resposta ás necesidades dos case medio millón de cidadáns que a conforman.



En declaracións aos medios, o alcalde vigués ratificou que Vigo arrancará co plan de transporte metropolitano da Xunta de Galicia en tanto estean homologadas as canceladoras dos autobuses urbanos, cuestión que compete á empesa concesionaria VITRASA, a Abanca e ao goberno autonómico. Entón, o Concello de Vigo subvencionará as viaxes metropolitanas de entrada en Vigo, de saída da cidade e os transbordos no autobús urbano, segundo figura no convenio asinado e foi acordado polos rexedores e rexedoras, segundo explicou Caballero.



O alcalde vigués, seguindo co tema do transporte, censurou o "manifesto incumplimiento" da Xunta de Galicia para sufragar un autobús directo ao aeroporto de Vigo, igual que fai coa terminal de Compostela con 340.000 euros. Por último, e sobre os autobuses ao novo hospital de Beade-Valladares, Abel Caballero cifrou en medio millón de euros anuais o custe das novas liñas creadas ao efecto, un "sobrecusto" que "Vigo ten que pagar" polo "inmenso erro" de emprazar o novo centro hospitalario na súa actual localización.
 


Os transportes, tanto ao novo hospital como ao aeroporto de Peinador, "serán algunhas das cuestións que tratará o goberno da Área Metropolitana", concluíu Caballero.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.