O PORRIÑO
A Xunta licita as obras para a execución dunha senda de peóns e ciclistas nos concellos do Porriño e Mos
Para esta actuación levaranse a cabo a expropiación de 31 fincas para a execución dunha senda que dará continuidade ao itinerario peonil existente no núcleo do Porriño ata o paso superior sobre a AP-9, nas proximidades de Atín.
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das as obras de execución dunha senda peonil e ciclista ao longo da estrada PO-331, no lugar de Atín, concretamente entre os puntos quilométricos 1+890 e 2+810, a o seu paso polos Concellos de Mos e O Porriño. Este itinerario, que terá unha lonxitude de 1.033 metros, conta cun orzamento de case 500.000 euros, cofinanciados pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Para obter información máis detaiada pódese consultar este enlace: https://goo.gl/prbwgL.
Para a estas actuacións, que teñen un prazo de execución de 6 meses, levarase a cabo a expropiación de 31 fincas para a execución de dita infraestrutura na estrada PO-331 (Torneiros-Gondomar), que dará continuidade ao itinerario peonil existente no núcleo do Porriño (PK 1+850) ata o paso superior existente sobre a AP-9 nas proximidades de Atín (PK 2+810).
Esta iniciativa enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda executará 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe
Esta actuación enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, que prevé a execución de 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe. Os itinerarios propostos para a comarca de Vigo suman 12 quilómetros en 11 novas sendas.
Características técnicas
A actuación iníciase na marxe esquerda da estrada, na que se construirá unha senda da 933 metros de lonxitude, desde o PK 1+850, nas proximidades do Colexio Santo Tomás no que finalizan as actuais beirarrúas, ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras-Tameiga (PK 2+750). A senda terá un ancho mínimo de 1,8 metros e irá separada da calzada por unha banda verde nos tramos que é posible.
Pola marxe dereita da estrada, a obra terá unha lonxitude de 200 metros e comezará na intersección coa estrada municipal Pereiras-Tameiga, dado que ata este punto xa existe beirarrúa. A senda nesta marxe desviarase da estrada nos últimos 80 metros ata o acceso ao centro escolar de Atín. Neste último tramo terá un ancho de 3 metros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149