Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 04 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán recibirá aos Reis Magos de Oriente no Pavillón Municipal tras desfilar por A Ramallosa e Panxón

As súas Maxestades sairán da piscina mancomunada ás 17.00 horas e das pistas de tenis ás 18.30, tendo prevista a chegada ao pavillón municipal ás 19.00 horas.

Os Reis Magos de Oriente serán recibidos o xoves no Pavillón Municipal de Panxón ás 19.00 horas despois de desfilar por A Ramallosa e Panxón. As súas maxestades sairán da Piscina Mancomunada ás 17.00 horas para percorrer as rúas Cabreira e Manuel Lemos e concluír no Centro da Terceira Idade na Alameda de San Campio. Posteriormente, desfilarán ás 18.30 horas dende as pistas de tenis de Panxón para chegar ao Pavillón Municipal sobre as 19.00 horas, onde se realizará a recepción real que outorga aos nenos a oportunidade de falar directamente con Melchor, Gaspar e Baltasar para trasmitirlles os seus desexos.

 

Rondallas
No seu desfile polas rúas do municipio, as Súas Maxestades serán acompañados nos diferentes tramos polas rondallas de Parada (en Panxón), Chaín (en Nigrán) e Beade (A Ramallosa). As tres se unirán ás 17.30 horas no Campo de Redes de Panxón e desfilarán ás 18.30 horas ata o pavillón acompañando aos Reis. As portas do pavillón serán abertas ás 18.30 horas para aqueles que asistan á recepción.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.