Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 07 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mellora do Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia de Mos

Un muro en A Rúa solucionará os desprendementos de terra.

[Img #29666]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou esta semana de que pronto dará comezo o proxecto de mellora do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso pola parroquia de Mos, coa construcción dun muro de contención na Rúa. A obra atópase en proceso de adxudicación á empresa constructora.


“No Concello de Mos nunca esquecemos que somos un municipio do Camiño e, sabedores de que ser paso do Camiño de Santiago é o noso principal activo cultural e turístico, poñemos o máximo empeño en coidar, mellorar e implementar dito activo”, declarou a rexedora local mosense, quen tamén explicou que o inicio de esta obra do muro da Rúa demorouse máis do previsto debido precisamente a que se atopa no Camiño de Santiago e houbo que tramitar varios permisos.


As obras a acometer no transcurso do Camiño de Santiago ao seu paso pola localidade mosense consisten na construcción dun muro na Rúa, no contorno do Pazo de Mos, para conter o talud que se derrubara a consecuencia dos temporais do pasado inverno. Arévalo destacou a importancia destes traballos, pois solucionarán a situación de incomodidade que lles supoñen aos veciños da zona os frecuentes desprendementos, que se solucionarán co novo muro de contención.


O novo muro de pedra para a contención de talud en A Rúa pretende evitar os continuos derrubamentos do talud existente pero integrando a nova estrutura no entorno de valor patrimonial no que se atopa. E é que o Camiño de A Rúa sufre desprendementos periódicos de terra no importante talud da súa marxe esquerda.


Para mellorar a seguridade desta vía tan transitada por vehículos e turistas (sobre todo peregrinos en ruta que están a facer o Camiño de Santiago Portugués), era necesario plantexar esta estrutura de contención que evite os desprendementos.


Tendo en conta as condicións anteriores proxéctase un muro de 4 metros de altura (inferior á altura do talud), co fin de non supoñer un obstáculo visual importante en un vial estreito e con valor histórico. Ademais de ser dunha altura máis reducida, o muro irá retranqueado 5 metros dende o eixo da rúa. A coronación do muro ata a cabeza do talud existente remátase cun talud vexetal tendido perseguindo dous obxectivos: estabilizar o talud e evitar o seu desprendemento periódico, e minimizar o impacto visual e mellorar a integración paisaxística. O muro terá unha lonxitude de 137 metros e un ancho de cimentación de 3 metros.


A tipoloxía de muro escollida é de gravedade de bloques de pedra do país, os máis acordes co contorno. Ademais da acometida do muro, este proxecto inclúe varias actuacións complementarias tales coma a execución dunha cuneta de formigón a pé de muro para mellorar as condicións actuales de drenaxe, a plantación de 13 árbores (buxos ou loureiros) na banda verde que queda entre o muro e o pavimento actual, integrando o muro nun contorno máis humanizado; e a colocación de 3 bancos de madeira demandados polos usuarios do contorno.
O total destas obras ten un orzamento de 118.846,41 euros financiados pola Deputación de Pontevedra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.