Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 09 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Copa da Raína de Balonmán se xogará, de novo, no Porriño

[Img #29669]

 

O Porriño será, por segundo ano consecutivo, sede da fase final da Copa da Raína de Balonmán, competición que se xogará os días 28, 29 e 30 de abril. Finalmente, as negociacións  entre o Goberno local, a Alcaldía, a Concellería de Deportes e distintas administracións e empresas privadas fixeron posible dispor do orzamento necesario para que a vila volva a ser sede desta competición.

 

O Departamento de Competicións da Real Federación Española de Balonmán  confirmaba que a Copa volta a O Porriño, algo que, segundo indicou o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, supón unha satisfacción moi grande e amosa que en 2016 a Federación, os clubs participantes e o público quedaron satisfeitos coa organización.


Carrera felicitouse de que, finalmente, maila a que as negociacións se alongaron máis do agardado, fose posible que a Copa da Raína se xogue na vila o cal suporá unha proxección moi importante para O Porriño a nivel nacional e, ao mesmo tempo, engadiu, unha responsabilidade posto que o obxectivo es mellorar o que se fixo o ano pasado.


O Goberno local está convencido de que encher día a día e partido a partido o Pavillón Municipal na disputa da final da Copa en 2016 foi “esencial” para que as mellores xogadoras de balonmán do país regresen este 2017.
A xuízo de Manuel Carrera, “que a Copa da Raína se dispute de novo aquí fará que O Porriño teña unha importante presencia nos medios de comunicación de toda España, que o deporte porriñés estea, outra vez máis, nun lugar de honra e que haxa unha considerable beneficio para a economía, en especial para o sector hostaleiro”.


O sorteo da XXXVIII Copa da Raíña, no que estará, coma club local o Balonmán Porriño, por medio do seu primeiro equipo, o Godoy Maceira Porriño de la Liga Loterías de Balonmán Feminino, e o actual campión  o Super Amara Bera Bera, se realizará o vindeiro día 9 na sede da Federación, e nela participarán os 6 gañadores da primeira fase, na que participan 12 clubs, entre eles o Mecalia Guardés que, de gañar a súa eliminatoria sería o segundo convinado galego na fase final.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.