PONTEAREAS
Ponteareas ten que devolver 172.000 euros de 2014 ao Estado
O Concello de Ponteareas é un dos tres concellos da provincia de Pontevedra coa liquidación negativa máis alta, sendo con diferenza o de maior contía, co Ministerio de Facenda.
O Concello de Ponteareas, a diferenza da inmensa maioría dos Concellos da provincia que terán uns ingresos extra, ten que devolver 172.121,16 euros pola liquidación negativa na Participación nos Impostos do Estado do ano 2014, sendo Ponteareas o Concello dos tres da provincia, que con diferenza, ten a liquidación negativa máis alta, segundo informou o Concelleiro de Facenda, Francisco F. Alonso. “Esta liquidación éconsecuencia dos altos valores catastrais das edificacións e solares de Ponteareas aprobados en 2009, un prexuízo máis das elevadas valoracións daqueles anos que a partir deste ano iremos corrixindo cunha rebaixa do 10% en todos os valores.” afirmou Alonso.
O Concelleiro asegurou que o Ministerio de Facenda entregou a conta de 2014 unha cantidade superior, diñeiro gastado polo anterior Goberno que agora o Concello ten que devolver, de feito na última liquidación de 2016 do pasado decembro o ministerio xa descontou a cantidade de 92.053,52 euros por esta liquidación negativa de 2014.
Neste ano 2017, Ponteareas ten que devolver un total de 222.527,43 polos importes restantes das liquidacións negativas de 2014 e 2013. Durante o último ano 2016, Ponteareas, amais da devolución de 1.883.387,65 euros do importe restante do diñeiro adiantado en 2012 e 2013 polo Estado para o pago a provedores, tamén devolveu un total de 691.987,55 euros polas liquidación negativas de 2009, 2013 e 2014.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44