MOS
A Axencia de Colocación de Mos traballa a pleno rendemento
Alcaldesa e concelleiro de Emprego participaron esta semana nunha mesa de traballo para o seguemento e coordinación de tódalas iniciativas actualmente en marcha.
![[Img #29709]](upload/img/periodico/img_29709.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, mantiveron esta semana unha reunión de traballo co persoal integrante da Axencia de Colocación, co obxectivo de facer seguemento de tódalas políticas en materia de formación e emprego que están en marcha actualmente nestas instalacións municipais e de coordinar as iniciativas futuras, tanto as inminentes como as proxectadas a curto e longo prazo.
A mesa de traballo celebrada estivo integrada, ademais de polos representantes municipais Arévalo e Soto, pola dirección dos Obradoiros de Emprego que se están a desenvolver na Axencia de Colocación, -ConciliaMos e Mos Verde-, as técnicos do Plan Integrado de Emprego, e as técnicos dos Servizos de Orientación Laboral, Programación Formativa da Axencia, Asesoramento a Emprendedores e Accións Formativas en materia de Novas Tecnoloxías.
Por parte dos Obradoiros de Emprego fíxose unha exposición dos labores realizados polos alumnos-traballadores dende o inicio dos mesmos e entre os que se atoparon accións nos colexios e Escolas Infantís de Mos por parte de ConciliaMos, e xestión de residuos e limpeza por parte de Mos Verde (entre outros). Tamén no caso de Mos Verde abordouse unha ambiciosa iniciativa deste Obradoiro na súa especialidade de deseño gráfico, consistente nun proxecto para elaborar unha publicación sobre os recursos medioambientais do Concello de Mos e que esperan ter rematada de cara a final de curso. Xa realizaron un interesante folleto informativo sobre os Muíños da Salgueira en Pereiras.
A este respecto a rexedora local mosense declarou que “a prioridade deste goberno son as persoas, e a nosa máxima preocupación o desemprego; por iso me satisface enormemente ver á nosa Axencia de Colocación a pleno rendemento, traballando ao cen por cen para mellorar a empregabilidade dos e das mosenses”. Labor á que, pola súa banda, o edil delegado nesta materia, Óscar Soto, declarou que “non só se lle dará continuidade, senón que se intensificará se cabe para seguir a combatir o paro, pero sempre desde políticas realistas e efectivas”.
ConciliaMos
Os alumnos de dinamización do Obradoiro de Emprego ConciliaMos estiveron activos na Ludoteca Municipal sita en San Rafael dende o 22 de decembro ao 4 de xaneiro. Está previsto que acudan ás dúas Escolas Infantís A Galiña Azul, o día 24 de xaneiro á Porteliña e o día 14 de febreiro a CotoTorrón.
Comenzáronse os contactos coas ANPAS dos colexios de Primaria Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda e Petelos.
Os participantes da especialidade de carpintería están realizando os elementos para colocar no parque de Santiaguiño así como os bancos, pérgola e mesas.
PIE
O Plan Integrado de Emprego, en marcha actualmente e que comezou o pasado mes de setembro, conta cun total de 60 usuarios. As acción formativas impartidas no PIE nestes meses foron un total de 9 que sumaron 140 horas lectivas. 18 usuarios do PIE realizaron prácticas en empresas.
As técnicos do PIE contactaron xa a un total de 188 empresas e tramitaron 61 ofertas de emprego. Dos 60 usuarios do Plan, 30 persoas ou traballaron ou están a traballar, polo que a cifra de inserción acadada polo momento é do 50%.
Programación formativa da Axencia de Colocación
A Axencia de Colocación, ademais de desenvolver programas formativos subvencionados, desenvolve outros programas de formación xestionados a iniciativa da Axencia e/ou en coordinación con outras concellerías. Así mesmo, dentro da programación formativa da Axencia, desenvólvese formación TIC.
As accións previstas para este ano son o Programa 2ª oportunidade: formación para a preparación das probas libres de graduado en Educación Secundaria (ESO), a apertura da convocatoria Certificacion Specialist Mos (Beca Mos) 2016-17, Maiores en rede 2017, Alfabetización informática – nivel 1, A hora do código – formación en computación (fundación Esplai) e Iniciativa Avanza e curso de acceso a actividades de mediación coa colaboración de Santa Lucía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149