Sábado, 15 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 13 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
AS NEVES

As Neves recibirá este ano máis de medio millón de euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

Durante 2016 o Goberno de Carmela Silva achegoulle á vila das Neves un total de investimentos de preto de 850.000 euros.

A Deputación de Pontevedra achegaralle este ano máis recursos ao Concello das Neves no marco do Plan Concellos 2017. Deste xeito, a vila da comarca do Condado recibirá un total de 531.613,56 €, 4.456,85 euros máis que en 2016, ano no que xa rexistrou un 47,8 % de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 170.514,82 € máis). Á marxe do Plan Concellos, As Neves recibirá neste 2017 outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o Concello poderá concorrer.

 

Investimentos totais durante 2016

Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou ás Neves un total de 847.415,71 euros (unha media de 208,4 € por habitante), dos cales 527.156,71 € se corresponderon co Plan Concellos 2016. Tamén, a institución provincial investiu 139.000 € en mobilidade, 37.000 € en cohesión social e xuventude, 20.000 € en cultura e lingua, 20.000 € para o fomento do emprego, 16.000 € para o impulso do deporte e outros 7.000 € para a igualdade entre mulleres e homes.

 

Ademais, As Neves recibiu 70.000 € no marco do PICEI (Plan de Investimentos en Equipamentos e Infraestruturas) para a mellora e conexión das captacións de abastecemento de auga e, ademais, unha axuda de emerxencia de 20.000 € para financiar os gastos ocasionados polos incendios forestais que padeceu a vila durante este ano.

 

Con respecto ao Plan Concellos, a través da liña 1 investíronse 315.201,40 € para financiar a construción dun muro de contención de terras no centro cultural Santiago de Ribarteme; a mellora da pavimentación de camiños municipais; a mellora da eficiencia enerxética e das medidas de seguridade en cadros de iluminación pública; melloras en dous camiños municipais: os de Cobalagarto e Pozas; obras de execución de áreas de reciclaxe; a ampliación de melloras no abastecemento de auga; obras de paso no arroio Lobeira, en Taboexa; unha actuación no parque infantil da praza do Concello; obras de conservación e restauración de edificacións municipais; a reparación da pista que une os núcleos de Rodeiro e San Xosé de Ribarteme; varias subministracións para diferentes servizos municipais; a adquisición de mobiliario para as oficinas municipais; e a reparación da estrada de Penlas, que quedou afectada por mor das chuvias torrenciais do pasado mes de febreiro. Ademais, 77.163,34 € destináronse ao pagamento de gastos correntes na liña 2; outros 11.500 €, na liña 3, destináronse a actividades coma a promoción do deporte, o Outono de Teatro, a promoción da cultura musical, a promoción do turismo local, a programación cultural de Nadal, o ciclo Cine de Inverno, actividades relacionadas con muller e igualdade, e os actos culturais da XI Festa do Tinto Rías Baixas e a XXV Feira do Requeixo e do Mel; e, grazas á liña 4, creáronse 9 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 114.463,27 €.

 

Á marxe do Plan Concellos 2016, As Neves tamén recibiu 19.572,70 € para o fomento da cultura e a lingua na vila, con preto de 30 actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, así como as axudas á rehabilitación e á sinalización do patrimonio histórico-cultural e á memoria histórica e as axudas á dinamización lingüística. Tamén se destinaron 36.915,13 € para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais comunitarios, as axudas básicas de emerxencia e o servizo de teleasistencia domiciliaria (da que se benefician 9 persoas) ou ben mediante os programas "En ruta coa Depo", "Tecendo lazos" e "Depo Aventura A Lanzada", no que participaron 9 nenas e nenos do concello.

 

Así mesmo, As Neves recibiu 16.213,45 € para o deporte federado de base, a Copa de Fútbol Deputación de Pontevedra, diversas actividades deportivas, a participación en ligas e competicións oficiais e as DEPOrte Escolas de fútbol e patinaxe, así como 20.045,76 € para o fomento do emprego a través dos plans de práctica laboral, que permite que dúas persoas estean a desenvolver a súa primeira experiencia laboral no Concello das Neves. Tamén se achegaron 7.223,70 € para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través do programa "Conectadas 2016" e para a creación dun plan de igualdade de oportunidades municipal, e outros 139.116,96 € en materia de mobilidade, en concreto para o Plan Móvese e as obras de sinalización horizontal nas vías provinciais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.