Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 12 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
Provincia

Unha persoa liberada tras un accidente en Pontevedra

Unha persoa resultou ferida nun accidente entre dous vehículos rexistrado onte en Pontevedra. A vítima tivo que ser excarcerada. Por mor do impacto, a estrada quedou cortada debido aos restos do accidente e aceite quedaron espallados na vía.

 

Segundo puido saber o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, o sinistro tivo lugar na N-550, ás 21:00.

 

Dende o CAE 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Pontevedra, a Protección Civil e a Urxencias Médicas. Tamén púxose en coñecemento á Garda Civil de Tráfico e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

 

Saída de vía con dous feridos


Unha saída de vía saldouse con dúas persoas feridas, entre elas un bebé, na localidade da Estrada. Un equipo de Urxencias Médicas trasladou aos feridos ata o centro hospitalario máis próximo.  

 

Unha persoa particular informou ao 112 Galicia do sucedido ás 08:00 horas desta mañá. Segundo o seu relato, a saída de vía produciuse na estrada PO-841, ao seu paso polo polígono de Toedo.

 

Ata o lugar desprazáronse, ademais do persoal médico, os axentes de tráfico e os efectivos do GES e de Protección Civil da Estrada. Tamén se informou aos Bombeiro do Deza e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.