OIA
Catro ciclistas resultan feridos tras ser atropelados en Oia e Moaña respectivamente
En Oia foron tres os ciclistas que necesitaron asistencia sanitaria. Eran sobre as 12:00 horas deste mediodía, cando o 112 Galicia era alertado dun atropelo a un pelotón de ciclistas. Os feitos tiveron lugar na estrada que une A Guarda e Baiona, concretamente, en Viladesuso, no concello de Oia.
Nada mais recibir o aviso, dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia (CAE 112 Galicia), alertouse á Garda Civil de Tráfico, ao GES da Guarda e, informouse tamén, aos Bombeiros de Baixo Miño. Unha vez no punto, os membros do GES confirmaron ao persoal do CAE 112 Galicia que os tres ciclistas foron trasladados en ambulancia polo persoal sanitario. Aparentemente, non revestían gravidade.
Ciclista ferido en Moaña
Uns minutos mais tarde, sobre as 12:15 horas, o 112 Galicia era alertado doutro ciclista ferido. Neste caso, foi un particular quen informou do atropelo a un ciclista na Rúa Ramón Cabanillas, no concello de Moaña.
Decontado, solicitouse a intervención de Urxencias Médicas e da Policía Local. Tamén os Bombeiros do Morrazo foron informados do suceso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215