PONTEAREAS
Inés Vidal será a nova Concelleira de Comercio
O seu gran obxectivo será "facer de Ponteareas o referente comercial de todo o Condado-Paradanta".
![[Img #29860]](upload/img/periodico/img_29860.jpg)
Inés Vidal, tomaba posesión con concelleira no Pleno Municipal este martes 17 de xaneiro, en representación do Partido Socialista de Ponteareas. Asumirá as competencias da Concellería de Comercio, Hostalería e Consumo.
Muller de 36 anos, nai de 2 fillas. De profesión contable ten desenvolvido a súa carreira profesional durante 14 anos en diferentes empresas. Recentemente iniciou unha nova andaina como emprendedora , poñendo en marcha a empresa “Al Punto” , unha take away /comida para levar, nun local da Praza de Abastos de Ponteareas.
Experiencia política
Foi concelleira socialista na última lexislatura dende 2011 ate 2015. Unha etapa, na que podemos salientar a súa defensa do principio de igualdade entre mulleres e homes, e a denuncia contra dos recortes nos servizos públicos especialmente na sanidade. Ademais se lle recoñece un magnifico traballo en positivo en apoio do comercio local.
É Secretaria de Organización do PSOE de Ponteareas dende 2012, desenvolvendo un traballo decisivo para acadar o goberno local nas eleccións municipais de 2015, conseguindo desaloxar ó PP do goberno de Ponteareas.
Proxecto político:
A súa vontade é xestionar dende o dialogo e o consenso con todos os interesados, comerciantes e hostaleiros asi como coas súas asociacións.
Entre as súas prioridades como Concelleira de Comercio, está fortalecer ó comercio local como piar básico do desenvolvemento económico de Ponteareas. Adecuar a normativa existente para simplificar e favorecer o desenvolvemento empresarial e comercial. E apoiar e estimular iniciativas que supoñan unha modernización do comercio local con importante retorno económico para os establecementos comerciais.
Facer de Ponteareas o centro de atracción comercial da comarca Condado-Paradanta, será o seu gran obxectivo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44