PONTEAREAS
O PSdG-PSOE de Ponteareas saca adiante a adhesión á Declaración de París na loita contra a SIDA
A moción presentada polo PSdG-PSOE foi aprobada por unanimidade por tódolos grupos políticos.
O grupo municipal socialista da vila de Ponteareas sacou adiante a moción que presentou neste último pleno celebrado o martes 17 na casa do Concello para incorporar Ponteareas á Declaración de París, declaración firmada por alcaldes e alcaldesas de todo o mundo para acelerar as actuacións contra a SIDA nos municipios. Os socialistas de Ponteareas poñen de manifesto así o seu compromiso coa loita decidida contra esta enfermidade.
O 1 de decembro de 2014, Día Mundial da SIDA, alcaldes de todo o mundo asinaron en París unha declaración para poñer fin á epidemia de SIDA nas súas cidades. Nesa declaración os alcaldes comprométense a adoptar unha serie de compromisos para acelerar a resposta a esta enfermidade nas cidades co obxectivo de por fin á epidemia. Entre tales compromisos atópase alcanzar os obxectivos 90-90-90 en 2020, isto é: que o 90% das persoas que viven co VIH coñeza o seu estado serolóxico; que o 90 % dos que coñecen o seu estado serolóxico positivo reciba tratamento; e que o 90% das persoas en tratamento suprima a carga viral.
“Atopámonos nun momento histórico para a resposta ao SIDA. Grazas aos avances científicos, ao activismo comunitario e ao compromiso político cuns obxectivos comúns, temos a oportunidade real de por fin a epidemia de SIDA a escala mundial para o ano 20130”, indica o concelleiro socialista Benito Márquez.
Na moción, que foi aprobada unanimemente, os concelleiros do Grupo Socialista solicitaron á Corporación “adherirse ao Acordo de París para unha acción acelerada nas cidades e poñer fin a tal epidemia de SIDA para o 2030”, así como “comunicar o Acordo de Adhesión á Declaración de París aos seus promotores e á Coordinadora Estatal VIH-Sida (CESIDA), así como ás organizacións de VIH-Sida do noso ámbito”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44