Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 19 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

A alcaldesa acláralle a En Marea que Mos ten unha Corporación propia para a toma de decisións

“Sólo faltaba que teña que ser En Marea a que nos represente no Parlamento, en Mos somos maiores de idade e non necesitamos a ninguén que nos diga o que temos que facer, nin fale por nós”, sentencia Nidia Arévalo.

Ante a proposición non de lei presentada por En Marea no Parlamento Galego solicitando unha cesión parcial do Rebullón ao Concello de Mos, a alcaldesa de dita administración local, Nidia Arévalo, manifestouse onte indignada ante a osadía deste grupo parlamentario de facer semellante petición sen escoitar o que quere toda a Corporación Municipal.


“Sólo faltaba que teña que ser En Marea a que nos represente no Parlamento”, declarou a rexedora local mosense, quen advertiu a dito grupo parlamentario de que “en Mos somos maiores de idade e non necesitamos a ninguén que nos diga o que temos que facer nin fale por nós”. Así mesmo, Arévalo instou a En Marea “a retirar a proposición non de lei presentada no Parlamento e a pedir desculpas, xa que semellante petición ten que partir da Corporación e non deles”, sentenciou a alcaldesa. A este respecto, e tal e como anunciou hoxe Arévalo, o grupo municipal do Partido Popular levará unha moción ao vindeiro Pleno ordinario.


Ademais afirma Nidia Arévalo que “é unha barbaridade que o Concello asuma unha parte do Rebullón e máis nas condicións nas que está, é un custe que non poden asumir as arcas municipais e nótase que esta proposta ven dun grupo que descoñece totalmente a realidade da nosa localidade”.


E sobre todo foi moi dura a alcaldesa de Mos co grupo municipal GañaMos por “mentir descaradamente, xa que a súa moción que foi aprobada por unanimidade en Pleno non fala de ningunha cesión de uso parcial senón de buscar unha fórmula satisfactoria de uso do edificio e do entorno do Rebullón e crear unha comisión con representación de todos os grupos políticos para o seguemento e toma de decisións sobre o proceso, así como instar á Xunta de Galicia a que faga un estudio técnico económico para a recuperación e posta en funcionamento do edificio beneficiando a nivel servizos aos veciños e veciñas de Mos”.


Como se pode comprobar, a devandita moción non fai referencia en ningún momento nin en ningún caso a un convenio de cesión e alude en todo momento ao uso e non á propiedade do antigo hospital Rebullón. E en todo caso faise referencia a que sexa a Xunta quen o asuma, xa que se trata dun gasto inasumible por parte da administración local.


Por todo elo conclúe Nidia Arévalo esixíndolles aos membros de En Marea e de GañaMos “responsabilidade e que deixen de mentir, de enganar á opinión pública que, aínda que é o que mellor saben facer, as mentiras teñen as patas moi curtas”, sentenciou a alcaldesa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.