NIGRÁN
O Concello de Nigrán presenta en Fitur unha guía do Camiño Portugués pola costa ao seu paso polo municipio
Os tres alcaldes do Val Miñor participaron hoxe nos actos de promoción da ruta na Feira Internacional de Turismo de Madrid.
![[Img #29908]](upload/img/periodico/img_29908.jpg)
O Concello de Nigrán, de mans do seu alcalde Juan González e a edil de Turismo, Ana Pérez, presentaron onte en Fitur o seu último deseño de material turístico, relativo ao paso do camiño portugués pola costa por Nigrán, ruta que dende a Deputación de Pontevedra se está a promocionar nesta Feira Internacional de Turismo en Madrid. Os tres alcaldes do Val Miñor uniron forzas neste evento para tratar de impulsar este Camiño.
“Queremos que se difunda porque non só ten un valor cultural e patrimonial incalculable senón que, ademais, supón un activo máis para o turismo en Nigrán e en todo o Sur da provincia de Pontevedra. É un Camiño que axuda a desestacionalizar o turismo, que é sostible, protexe a nosa historia, respecta o medio ambiente... Todo é positivo e a súa presencia en Fitur supón un empurrón máis”, indica Juan González.
Dende o goberno local se quere potenciar ao máximo esta ruta que atravesa 15 municipios costeiros das Rías Baixas. “O aumento de peregrinos notouse dende a súa declaración como oficial o ano pasado e agora hai que sacarlle partido, polo que precisamos coordinarnos tódolos concellos implicados para traballar conxuntamente e, como exemplo, facer guías-mapa unitarias", finaliza González.
O material informativo que presenta Nigrán foi feito pola empresa "Estela, Arqueoloxía e Patrimonio". Nel se fai un resumo de que é e significa este Camiño e se sinalan os diferentes puntos de interese ou monumentos no seu percorrido por Nigrán (aparece tanto o camiño oficial, que realmente vai polo interior do municipio, como a súa variante non oficial pola costa nigranesa). A súa vez, "Estela, Arqueoloxía e Patrimonio" mostra en Fitur o vídeo documental que elaborou para as xornadas das illas Estelas-Monteferro-Panxón, espazo que o Concello tamén quere promocionar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149