MOS
Arévalo comeza os seus encontros coa veciñanza
Iniciou onte en Cela o seu habitual percorrido de principios de ano polas parroquias para escoitar aos cidadáns e expoñerlles a inversión municipal na súa zona contemplada no orzamento anual.
![[Img #29942]](upload/img/periodico/img_29942.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada do concelleiro da parroquia de Cela, Cándido Pérez, e demais membros do goberno local comezaron onte a súa habitual ronda de encontros coa veciñanza nas parroquias que realizan todos os principios de ano e nos que se recollen as prioridades veciñais a acometer de cara ao seguinte exercizo.
A charla informativa que foi ofrecida onte empezou ás 20.00 horas da tarde e celebrouse na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Celado de Cela.
Na reunión abordáronse temas xerais de interese municipal, así como asuntos concretos da parroquia de Cela. Os presentes puideron aproveitar para formularlles aos representantes municipais as preguntas que consideraron oportunas e plantexarlles necesidades da parroquia.
Entre os temas capitais de relevancia xeral para todo o Concello atopáronse o Plan Xeral de Ordenación Municipal que acaba de ser aprobado definitivamente, o Transporte Urbano Municipal que comezou a funcionar o pasado mes de outubro, a mellora da limpeza viaria e do servizo de recollida de lixo grazas á contratación dunha nova empresa concesionaria e do procedemento de contratación actualmente en marcha do mantemento de todas as zonas verdes e parques e xardíns que ascenden a un total de 115 puntos repartidos polas 10 parroquias mosenses.
Outros temas abordados, xa máis específicos da parroquia de Cela, foron o posible proxecto de humanización do tramo entre a Igrexa e Gatesende, para o que xa se está en conversas cos veciños; asfaltados varios entre os que estarían os dos viais de Generoso Domínguez, Sequeiros e o Camiño do Sobreiro en Herville.
Tamén se deu conta doutros traballos de menor envergadura que se levarán a cabo co obxectivo de mellorar a calidade de vida na parroquia de Cela. Así mesmo, os veciños de Mos asistentes a esta xuntanza fixeron solicitudes pola súa banda coma a limpeza de fontes e lavadoiros ou a apertura dun camiño pechado actualmente e que é de interese veciñal para o paso.
A rexedora mosense califica estes encontros como “altamente produtivos tanto para a veciñanza como para a administración local”. Encontros que empezaron onte e que continuarán a semana que ven no Centro Cultural do Plantel, na parroquia de Guizán. Realizaranse a razón de un ou dous encontros semanais que continuarán ao longo do que queda de xaneiro e o mes de febreiro, ata completar o total de 10 parroquias mosenses.
En cada parroquia repetirase este modelo de encontro, no que se abordarán temas de interese xeral e obras concretas a realizar na zona en cuestión. As obras no rural mosense comprometidas coa veciñanza das 10 parroquias e que serán acometidas ao longo do presente ano 2017 suman un orzamento de inversión total que supera o millón de euros. Ditas obras a acometer neste 2017 foron recollidas polo goberno local froito da ronda de reunións parroquiais celebrada a comezos de 2016.
Dos encontros veciñais deste ano extraeranse as necesidades e proxectos para as parroquias do vindeiro ano 2018.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149