Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 21 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

O Teatro Municipal escenario da celebración do centenario do nacemento de Camilo José Cela

O premio Nobel de Literatura mantivo unha estreita relación coa cidade onde naceu o seu pai e á que acostumaba visitar.

[Img #29927]

 

O vindeiro venres, 27 de xaneiro, ás 19h, o Teatro Municipal de Tui acollerá o acto de homenaxe ao premio Nobel de Literatura Camilo José Cela co gallo de celebrar o centenario do nacemento do escritor, fortemente vinculado a Tui.  Onte presentouse na casa do concello o acto “Cela en Tui” no que participou a concelleira de Cultura, María José González, o sobriño do escritor, Julio Pérez Cela, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.


O acto do vindeiro venres constará da proxección de parte do documental “El recuerdo más cercano” que, dirixido Carlos Agustín e Belén Tánago, narra a vida de Cela na voz dos seus familiares e amigos máis próximos. A continuación, abrirase un coloquio no que participará o seu fillo Camilo José Cela Conde, o seu irmán Jorge Cela Trulock e o seu sobriño Julio Pérez Cela. Este último lembrou hoxe que para o escritor Tui era, xunto con Iria Flavia, a cidade galega máis importante na súa vida. O seu sobriño afincado en Tui sinalou que o escritor pasaba as súas vacacións e boa parte do seu tempo libre na cidade, a onde se desprazaba para lembrar os seus tempos de nenez.


[Img #29925] Aínda que Cela naceu en Iria Flavia, Padrón, o seu pai é oriúndo de Tui e influíu notablemente na vida do escritor galego. A familia do seu pai chegou a Tui procedente do pobo ourensán de Piños de Cea e aquí, instalados nunha casa situada no que hoxe é a rúa Maristas, formaron parte activa da vida política e social da cidade. O seu avó, Camilo Cela Fernández, chegou a ser alcalde da cidade a comezos do século XX, en 1905, e entre os seus fillos atópase Camilo Cela, pai do escritor.


Camilo José Cela é fillo predilecto da Cidade de Tui e conta cunha céntrica rúa na súa honra. Ademais, boa parte da familia aínda veranea e pasa estadías nas diferentes propiedades que posúen en Tui.


O alcalde, Enrique Cabaleiro, sinalou a honra que supón para o Concello de Tui poder celebrar este acontecemento no que se salienta a estreita relación de Cela coa cidade. Cabaleiro sinalou que, en certo xeito, Camilo José Cela foi precursor das relacións interfronteirizas e do que hoxe coñecemos como Eurocidade Tui-Valença. De feito, foi destacado como bombeiro de honra de Valença.


Centenario de Camilo José Cela: “Cela en Tui” Teatro Municipal de Tui Venres, 27 de xaneiro, 19h

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.