TUI
O BNG de Tui propón que o novo centro de saúde leve o nome de “Alejo Diz Jurado”
O doutor Alejo Diz Jurado foi un destacado médico de cabeceira .A súa laboura profesional levouno a cabo en Tui onde tamén mantivo unha comprometida actividade política chegando a ser alcalde entre 1918 até 1922.
Nos anos trinta, un proxecto nacional levouno a Dinamarca para realizar unha investigación sobre o seguro de enfermidade que posteriormente defendeu xerando un amplo debate na clase médica.
Fundou e dirixiu o semanario político satírico La Tetera, no que asinaba co pseudónimo Criticón B.
Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado o 13 de outubro en Vigo, en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui con Darío Álvarez Limeses.
Así pois, desde o Bloque Nacionalista Galego de Tui, consideramos e defendemos que é de xustiza e merecedor, que o novo centro de saúde de Tui, leve o nome do doutor “Alejo Diz Jurado”, un home bo e xeneroso,pola súa laboura e compromiso social co Pobo de Tui, pobo que segue transmitindo ás xeracións máis novas o seu agradecemento das persoas que atendeu e coidou como “médico dos pobres” como así foi e segue sendo popularmente coñecido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149