O Porriño
Resulta ferido tras saírse da vía no Porriño
Unha persoa resultou ferida na localidade do Porriño ao envorcar co seu vehículo despois de saírse da vía, á altura da parroquia de Torneiros. Ademais, resultou danado un poste de alumeado público que, segundo indicaron os axentes de Tráfico caeu enriba do turismo e interrompía a estrada en ámbolos dous sentidos.
Urxencias Médicas alertou ao 112 Galicia do suceso, sobre as 06:00 horas de hoxe que, a partir de aí, puxo en marcha un operativo no que participaron os Bombeiros de Baixo Miño, os axentes de Tráfico e da Policía Local e os efectivos de Protección Civil do Porriño.
Camión atascado nun camiño
Por outra banda, axentes da Policía Local informaban esta madrugada ao persoal do 112 Galicia dun camión cargado - 40 toneladas de bobinas de papel- con risco a caer por un desnivel na localidade do Porriño.
Segundo indicaron os axentes, o camión, circulaba por un camiño estreito e paralelo a Autovía. Por precaución, os axentes de Tráfico procederon a cortar a saída 303 da A-52, tras quedar a cabeza tractora no aire e con risco de desprenderse sobre a vía.
Ademais da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, os Bombeiros de Baixo Miño tamén foron informados, así como o persoal do servizo de mantemento da estrada. Á primeira hora desta mañá, os operarios, valorarán o xeito da retirada do camión.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 02:30 horas desta madrugada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149