Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 28 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda cuestiona os investimentos da Deputación no concello

Santiago Rodríguez Davila informa que están vendendo obras que supostamente fixeron en 2016, pero que "a día de hoxe non están nin comezadas".

[Img #30039]

 

O Partido Popular de Salceda de Caselas denuncia que a Deputación de Pontevedra está presumindo de obras que “supostamente” fixeron en 2016, cando a realidade é que a día de hoxe non están nin comezadas. Así, o voceiro do PP, Santiago Rodríguez, amósase “sorprendido” porque os responsables provinciais presumisen hai uns días de ter investido o ano pasado en Salceda 333.701,90 euros para humanizar as rúas Compostela, A Coruña e parte de Rafael Tilve Adrio, “cando calquera veciño deste concello sabe e pode comprobar que é mentira”.

 

O voceiro popular critica que o único obxectivo do goberno bipartito é “crear confusión na cidadanía, disfrazando e mentindo sen ningún tipo de pudor sobre os investimentos e as obras que a institución está realizando en Salceda”. Ademais, recoñece que aos veciños destas rúas estrañoulle moito e amosaron a súa preocupación porque a Deputación dea por feitas unhas obras cando a realidade destas rúas é outra ben diferente.

 

Tanto é así que, segundo o PP, “todos dubidan xa” da exactitude das cifras e dos fondos que a Deputación di investir en Salceda. “Mentiron no seu momento cando afirmaban que o anterior goberno provincial non investía neste concello e moito tememos que seguen a falsear agora coas cifras e investimentos que din achegar ó noso concello”, sinala Davila.

 

 

 

 

“Están presumindo que investiron 300.000 euros na humanización de varias rúas, cando calquera veciño de Salceda sabe que é mentira”, engade o voceiro

 

 

 

 

Por outra banda, lamentan a actitude do Alcalde e o seu goberno,  respeto do comunicado feito pola Institución Provincial, “o Alcalde permite estas afirmacións falsas e o mesmo tempo é cómplice desta situación por non licitar e executar as obras no ano 2016, co prexuizo de non poder dispor dunhas novas rúas dende o pasado ano”, os populares pregúntanse se,  “será que pretende -como sempre- xuntar moitas obras que non costea o Concello preto das eleccións municipais para dar a impresión de ter feito moito en catro anos”.  

 

Polo tanto, o grupo municipal solicita, “a inmediata execución das obras de humanización das rúas Coruña, Compostela e Rafael Tilve Adrio para o disfrute dos veciños e veciñas de Salceda, pois non existe impedimento algún para que xa estivesen realizadas”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.