Martes, 23 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 26 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

Salvaterra De Miño acollerá un torneo de Jugger cos mellores equipos de Galicia

A Asociación de Jugger e Softcombat de Vigo en colaboración coa Asociación Lazoiro, organizarán o vindeiro domingo día 29 un torneo autonómico de Jugger en Salvaterra de Miño.

[Img #30040]

 

O jugger é un deporte novidoso que nace como a mestura entre a esgrima e o rugby. Tras o seu nacemento en Alemaña, chega ao resto de Europa onde arraiga especialmente no Estado Español  e en  Irlanda. Tras o seu inicio, o jugger crece de xeito exponencial gañando cada ano máis peso en sitios como Gran Bretaña ou E.E.U.U.

 

Desde a súa chegada ao Estado Español, Galicia convertese nun referente na súa practica, contando nas súas filas con tres equipos que gañaron o campionato mundial que se organiza anualmente en Alemaña.

 

Coa axuda do Concello de Salvaterra de Miño e organizado pola Asociación de Jugger e Softcombat de Vigo (ASJV) en colaboración coa Asociación Lazoiro, Salvaterra albergará este domingo o I torneo Irmandiño de Jugger, un aberto a nivel galego e que contará coa presenza dos equipos máis destacados de Jugger de Galicia, entre eles, o equipo vigués Vigo Ruins J.C. Por outra banda, tratarase dun torneo ranqueable que contará para o ranking nacional.

 

Este evento terá lugar no campo de fútbol do Casal, dando comezo ás 10:30 da mañá e concluirá aproximadamente sobre as 19:30 da tarde, coa entrega dos premios por parte da Tenente de Alcalde do Concello. Dende a organización agárdase que o evento a traia a unha gran cantidade de xente apaixonada polos deportes alternativos, o que consagrará a Salvaterra de Miño como un exemplo de apoio á diversidade deportiva.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.