Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 26 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Reparada a fuga que obrigou a cortar o subministro de auga no centro do Porriño

[Img #30046]

 

Durante a pasada madrugada, do martes ao mércores, operarios do Consorcio de Augas do Louro, procederon á reparación dunha fuga na rede xeral de abastecemento do núcleo urbano de O Porriño, á altura do calexón do tanatorio.


Os traballos, que se fixeron pola noite-entre as 23:30 e as 02:30 horas- para reducir ao máximo  as molestias aos veciños, consistiron na substitución dun ‘manguito’ de unión entre dos treitos de tubaxe, de 315 milímetros de diámetro, que estaba a causar unha perda de auga. Ao mesmo tempo, colouse un pequeno ‘carrete’ de tubaxe para corrixir o ángulo da curva da mesma e facilitar a reparación.


Durante a operación foi preciso cortar o subministro de auga na Avenida de Galicia, Avenida de Bos Aires, rúa Progreso, Ramiranes, Manuel Rodríguez, Ramón González e Antonio Palacios.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.