Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 27 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O grupo mosense Xógara celebra o seu décimo aniversario cun concerto no Centro Dotacional de Torroso

Será mañá ás 20.00 horas da tarde e contará tamén coas actuacións musicais das Lagharteiras e Xulio Lorenzo.

Mañá sábado 28 de xaneiro ás 20.00 horas celebrarase no auditorio do Centro Dotacional de Torroso o Concerto X Aniversario de Xógara. O evento musical contará coa participación do propio grupo mosense Xógara, xunto coas Lagharteiras e Xulio Lorenzo, que acompañarán aos integrantes da agrupación homenaxeada para arroupalos nun momento tan especial e importante.

 

Os compoñentes de Xógara son José Ángel Martínez, Javier Santos, Diego Martínez, Julio Pérez, Lucrecia Martínez e Suso Cacharrón.

 

O grupo de gaitas tradicional Xógara naceu no verán do ano 2006 en Sanguiñeda, no Concello de Mos.

 

Sendo este formado por un cuarteto ou quinteto según o requira a actuación, tódolos seus músicos teñen unha longa traxectoría músical, xa que ningún dos seus membros leva menos de 20 anos tocando, contando entre eles con mestres de música tradicional, baile, pandeireta, etc.

 

O grupo xa deu mostra do seu bo facer en lugares tan diversos como a saída dende Vigo da Volvo Ocean Race, a Festa Medieval de Monforte de Lemos, ou a Arribada en Baiona. Tendo actuado tamén en congresos, botaduras de barcos, recepcións, inaguracións de feiras, xuntanzas populares ou festas privadas. Mostrando un repertorio do máis variado dende pezas solemnes e de concerto, ata pezas do máis festeiras.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.