Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 28 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos fomenta o cultivo de rosais pensando na edición da Festa da Rosa deste ano

O Concello potencia a marca ‘A Rosa do Camiño’ e o título de Festa de Interese Turístico de Galicia.

[Img #30083]

 

O Concello de Mos xa comezou a traballar na edición deste ano da Festa da Rosa, que como sempre celebrarase o vindeiro mes de xuño. Para elo a alcaldesa, Nidia Arévalo, e as concelleiras mosenses de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e Kely Monzón, respectivamente, están a realizar reunións periódicas.


Como xa se anunciou a principios deste mes informando da vindeira constitución da Mesa do Camiño, a administración local quere potenciar a marca ‘Mos, a Rosa do Camiño’.


Quérese fomentar esta marca por ser a rosa o símbolo municipal representado na bandeira e o escudo locais, ademais do principal emblema cultural da localidade, coa Festa da Rosa á cabeza; celebración que foi declarada de Interese Turístico de Galicia fai dous anos. E neste sentido a idea é a de intensificar a participación no tradicional concurso de rosas da Festa da Rosa e promover unha maior presenza desta flor na devandita celebración, a máis importante do calendario festivo mosense.


Para elo dende o Concello fomentarase a plantación e cultivo de rosais nos fogares mosenses, distribuíndo exemplares entre as asociacións veciñais e culturais. Tamén se pretende formar á veciñanza neste aspecto contando coa colaboración do tecido asociativo e aproveitando o programa Tempo de Lecer da concellería de Participación Cidadá para organizar posibles cursos de xardinería, poda de rosais, arreglo floral etc.
Incluso se está a sopesar a posibilidade de realizar accións formativas máis orixinais e alternativas coma obradoiros de elaboración de xabóns, perfumes e outros productos de cosmética ecolóxica a partir de pétalos de rosa.


As representantes municipais, Arévalo, Cebreiro e Monzón; avanzaron tamén posibles colaboracións cos alumnos/as dos centros educativos de Mos de cara á Festa da Rosa 2017.


Por último, rexedora local e edís de Cultura e Participación Cidadá declararon sentirse “moi ilusionadas coa Festa da Rosa deste ano, que esperamos sexa especial para tódolos mosenses, xa que estamos a traballar duro para que así sexa”.


“En Mos sentímonos moi orgullosos de que a nosa festa por antonomasia sexa de Interese Turístico de Galicia e dende o Concello queremos estar a altura deste título, por iso comezamos seis meses antes da súa celebración a organizala con todo o cariño e poñendo o máximo esforzo pola nosa parte. Esperamos que os resultados sexan satisfactorios para toda a cidadanía”, concluíron.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.