Mos
David Regades visita en Mos as obras de humanización do camiño das Pozas realizadas ao abeiro do Plan Concellos 2016
O deputado de Cooperación lembrou que o investimento do Plan Concellos 2017 para Mos se sitúa en preto dun millón de euros, un 6 % máis que en 2016 e dobrando o incremento medio dos concellos da provincia
![[Img #30089]](upload/img/periodico/img_30089.jpg)
O deputado de Cooperación da Deputación de Pontevedra, David Regades, visitou esta mañá en Mos as obras de humanización do camiño das Pozas, entre San Mauro e o pavillón multiusos. Estas obras, que recibiron un investimento da institución provincial situado en 200.000 € ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016, supoñen unha mellora da accesibilidade e seguridade tanto peonil coma dos vehículos xa que se trata dunha vía moi transitada pola existencia de centros escolares e equipamentos públicos.
Tras facer o percorrido polas obras, acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, David Regades sinalou que "se trata dunha obra moi importante porque serve para vertebrar esta zona co pavillón multiusos e, precisamente por iso, é unha mellora moi relevante para toda a veciñanza deste concello, o cal fai que dende a Deputación de Pontevedra nos sintamos moi contentos e contentas por poder contribuír". O deputado de Cooperación asegurou que "imos seguir traballando nesta dirección, que é a de estar presentes en actuacións como a que vimos de visitar hoxe, xa que transforma e vertebra unha zona de desenvolvemento tanto da súa parroquia coma de todo o concello".
As obras, que están a piques de rematar, contemplan o soterramento das redes de electricidade e telecomunicación, a plantación de árbores, o acondicionado dos estacionamentos en batería, a execución de beirarrúas e a súa sinalización complementaria, o encaixamento para a execución das diferentes zonas de pavimento, estacionamentos e beirarrúas e tamén a execución do sistema de drenaxe necesario nos tramos precisos.
Regades lembrou que a obra de humanización do camiño das Pozas se enmarca dentro do Plan Concellos 2016, que en 2017 "achegará a Mos preto de 940.000 € (939.278,39 €), isto é, un 6 % máis do que recibiu en 2016". Este incremento de seis puntos supón "o dobre da media provincial", lembrou Regades, que tamén sinalou que, no que corresponde ao Plan Concellos, en 2016 Mos "xa recibiu unha achega un 29 % superior ao investimento de 2015".
O deputado de Cooperación tamén lembrou que "durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra fixo un investimento superior aos 1.300.000 € na vila de Mos, facendo que os veciños e as veciñas deste concello poidan ter unha mellor calidade de vida", e asegurou que "este Goberno provincial seguirá apostando polos pequenos concellos, que son os que máis necesitan a actuación directa da Deputación de Pontevedra".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149