Tui
Hoxe o Concello de Tui controlará os postos do mercado semanal
![[Img #30097]](upload/img/periodico/img_30097.jpg)
Hoxe, e con aviso previo, o Concello de Tui levará a cabo un control selectivo dos postos do mercado semanal unha vez rematou o prazo de renovación da documentación correspondente ao ano 2017. O obxectivo é comprobar que os vendedores ambulantes teñen a documentación e o pago das taxas ao día polo que a Policía Local levará a cabo o control a primeira hora da mañá previa a montaxe dos postos, de tal xeito que aqueles que non cumpran cos requisitos marcados non poderán instalarse no mercado semanal.
O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, explica que con esta medida búscase que todos os vendedores ambulantes exerzan a súa actividade en igualdade de condicións cumprindo cos requisitos establecidos na ordenanza reguladora e estando ao día no pago das taxas establecidas. Engade que para levar a cabo o control solicitarán da subdelegación do goberno a colaboración das forzas de seguridade. Anuncia o edil que este tipo de controis se realizarán con regularidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149