PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra implanta en febreiro a administración electrónica en outros oito concellos da Provincia
Pontecesures, Arbo, Ponteareas, Portas, Valga, Salceda de Caselas, Forcarei e A Guarda serán os beneficiados por esta iniciativa da Deputación.
A Deputación de Pontevedra, para dar cumprimento á lexislación vixente relativa ó acceso electrónico da cidadanía ás actuacións públicas, está a prestar o servizo de implantación, uso e soporte dunha solución de administración electrónica para os concellos de menos de 50.000 habitantes. Con esta prestación, á que a institución provincial destina 847.000 €, preténdese facilitar que os concellos que non conten cos recursos suficientes poidan levar a cabo a adaptación e modernización tecnolóxica.
Dende a posta en marcha desta actuación foron varios os concellos que se puxeron en contacto coa Deputación de Pontevedra para pedir esta subministración, incluída no marco das competencias que a lei de réxime local lle ten concedido ás institucións provinciais. Deste xeito, durante o mes de febreiro implantarase a administración electrónica en Pontecesures (o día 1 de febreiro), Arbo (o día 6), Ponteareas (o 8), Portas (o día 9 de febreiro), Valga (o día 10), Salceda de Caselas (o 13), Forcarei (o 14 de febreiro) e A Guarda (o día 15).
Con estes 8 concellos e cos cinco primeiros nos que se instaurou (Agolada, Cerdedo-Cotobade, Cangas, Cambados e Mondariz) xa son 13 os concellos nos que a Deputación de Pontevedra está a impulsar solucións para que poidan dispoñer dunha sede electrónica personalizada para a súa relación coa cidadanía e, por outro lado, un portal para que o persoal da administración local poida realizar a xestión integral dos procedementos e expedientes por medios electrónicos. Polo tanto, a través desta ferramenta poderase consultar un catálogo de servizos electrónicos de trámites, consultas de expedientes, procedementos, etc. que se poden iniciar de forma telemática e presentar no rexistro electrónico sen necesidade de realizar un desprazamento presencial ás administracións.
A Deputación de Pontevedra aporta desde a implantación das aplicacións necesarias ata a posta en marcha do sistema, un plan de formación orientado á aprendizaxe dos aspectos técnicos e funcionais da nova ferramenta para a súa posta en funcionamento, un soporte ás e ós usuarios para resolver consultas, o mantemento correctivo, evolutivo e perfectivo dos servizos, a súa actualización e a inclusión de novas funcionalidades, sempre en estreita colaboración cos servizos informáticos dos concellos da provincia adscritos á iniciativa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149