PROVINCIA
A Presidenta da Deputación condena o asasinato de violencia machista do Carballiño
Carmela Silva amosa a súa satisfacción pola decisión da Audiencia Provincial de reabrir a investigación por insultos machistas vertidos contra ela.
![[Img #30128]](upload/img/periodico/img_30128.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou esta mañá a súa condena polo asasinato machista acontecido durante a fin de semana en Carballiño. Silva, que promoveu un minuto de silencio durante o acto de inauguración da exposición de Luis Davila no Pazo Provincial, declarou a súa “indignación, enoxo, rabia… creo que xa non hai palabras para cualificar o que sinte a nosa sociedade fronte a un novo asasinato machista, fronte ao asasinato de Virxinia no Carballiño” e engadiu que “xa van seis mulleres asasinadas en menos dun mes de 2017 e non podemos consentilo porque non hai nada máis serio que loitar contra o asasinato de mulleres polo mero feito de ser mulleres”.
Carmela Silva salientou que a sociedade debe traballar para poñer límites a todas as violencias machistas, desde o asasinato ata os insultos. Neste contexto, a Presidenta provincial amosou a súa satisfacción “por ver que a Audiencia Provincial entendeu que non se podía arquivar o caso fronte aos insultos que sufrín, porque unha sociedade avanzada non pode permitir que se insulte tan gravemente ás mulleres e que ese comportamento quede sen sanción”.
A Presidenta da Deputación indicou que “hai milleiros de mulleres que sofren a diario estes insultos e non teñen voz, por iso fixen esta denuncia, porque son unha muller que ocupa un espazo público, con voz, con instrumentos para defenderme fronte a esas inxurias que teñen que ver coa violencia machista”. Amais, Carmela Silva aproveitou a ocasión para reivindicar a necesidade de empregar todas as ferramentas posibles para facerlle fronte a este tipo de insultos co obxectivo de que desaparezan da nosa sociedade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149