Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 01 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos renovará en dous anos o 90% dos seus cadros eléctricos

Esta mellora do alumeado público contribúe a evitar apagóns e ao aforro enerxético. Neste 2017 cambiaranse un total de 15 cadros.

[Img #30180]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Alumeado mosense, Luis Alonso, anunciaron onte que o Concello de Mos acaba de poñer en marcha un plan de renovación do 90% dos cadros eléctricos do alumeado público.

 

Algúns destes cadros xa foron cambiados, como é o caso do que se atopa nas Pozas xunto ó edificio do Multiusos, e cuxa colocación supervisaron os representantes municipais Arévalo e Alonso.

 

A rexedora local mosense informou de que se trata dun proxecto a dous anos, mediante o que se renovarán un total de 30 cadros eléctricos; acometendo ao longo do presente ano 2017 os 15 cadros que precisan dunha renovación máis urxente.

 

Este plan de mellora do alumeado público consiste na instalación de cadros eléctricos novos en substitución dos antigos, que ademais estarán dotados de proteccións térmicas e reloxos astronómicos que favorecerán a eficiencia e aforro enerxéticos.

 

Os novos cadros estarán, como non podía ser doutro xeito, adaptados á normativa vixente e, tal e como explicou o edil mosense de Alumeado, Luis Alonso, “suporán unha importante mellora da instalación da iluminación pública optimizando o funcionamento do mesmo e evitando problemas como os apagóns, ao estar máis protexidos e dotados dunha tecnoloxía máis moderna e avanzada”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.