Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 02 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Goberno local disposto a que as persoas contratadas no ‘Plan Concellos’ cobren dacordo co convenio

O Goberno local está “completamente disposto” a ter en conta a proposta do concelleiro de EU-Son de que as persoas contratadas dentro do Plan Concellos da Deputación perciban unha retribución que sexa acorde co establecido no Convenio Colectivo.


De feito, sinala a concelleira de Formación e Emprego, Soledad Girón, esta posibilidade está recollida na proposta de orzamentos do Goberno local para este ano e, subliña, “se a oposición os aproba estaríamos máis que dispostos a que fose así”.


Con todo, Girón lembra que na xestión do seu departamento ten que axustarse á realidade e esta é que, na actualidade, dispón duns recursos que non permiten esta posibilidade xa que, de aplicar a mesma “a Concellería estaría sen cartos a principios de marzo e precisa dos mesmos para atender as moitísimas necesidades que se non presentan cada día”.


Soledad Girón engade que os participantes no Plan Concellos perciben o Salario Mínimo Interprofesional, tal e como esixe a Deputación, “polo tanto se cumpre, exactamente, a legalidade”, e indica que á cantidade aportada pola Deputación completouse con outra do Concello o que permitiu que as persoas que se contratan ao abeiro deste plan traballen a xornada completa, algo que non ocorría con anterioridade.


Polo que atangue a priorizar a antigüidade á hora de contratar, a concelleira explica que é algo que xa se fai, “faino a Oficina do Porriño do Servizo Galego de Emprego, que é a encargada da preselección, non o Concello, e que da preferencia a vítimas de violencia machista, maiores de 45 anos, parados de longa duración e familias monoparentais que teñan persoas ao seu cargo”.


Por último, Soledad Girón salienta que a Concellería de Formación e Emprego tentará poñer  en marcha este ano, “porque é urxente e completamente  inaprazábel” o Plan de Emprego Feminino, haxa ou non novos orzamentos, polo cal debe dispor de recursos.


A concelleria considera que o Plan Concellos é unha parte moi importante do esforzo que se fai dende o Goberno local para axudar á creación de emprego, e que é “esencial” faer un esforzó por intentar poñer en funcionamento o Plan de Emprego Feminino considerando que dos 1.844 desempregados que había no Porriño a finais do ano pasado, 1.064 eran mulleres e 780 homes, “isto quere dicir que o paro feminino é un 36 e medio por cento superior ao masculino”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.