Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 03 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O “Venres de Foliada” tomiñés reunirá no Seixo, un ano máis, a varios millares de persoas

O desfile terá lugar o venres 24 de febreiro de 2017 ás 21:30, con saída desde a rúa do Colexio Pedro Caselles.

[Img #30195]

 

O Concello de Tomiño vén de aprobar as bases que rexerán a inscrición das comparsas que queiran participar no Venres de Foliada 2017.

 

O desfile de entroido, que chega xa á súa XX edición, terá lugar o venres 24 de febreiro de 2017 a partir das 21.30, con saída desde a rúa do Colexio Pedro Caselles.

 

Coma noutros anos, terán preferencia as comparsas ou grupos do concello, polo que, en ningún caso (aínda que se pon como máximo o número de 20 inscritos) ningunha delas quedará fora do desfile.

 

 

 

 

O prazo de inscrición será do 6 ao 10 de febreiro ambos inclusive

 

 

 

 

As comparsas non poderán ter menos de 15 compoñentes e non serán admitidas comparsas con cabalos.

 

Ata o venres 10 de febreiro permanecerá aberto o prazo para inscribirse no desfile de Entroido de Tomiño “Venres de Foliada”.

 

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns, 6 de febreiro, e terá que facerse persoalmente no rexistro do Concello (aínda que na páxina web do Concello pódese consultar o borrador da ficha de inscrición, para coñecer os datos que se solicitan).

 

O “Venres de Foliada”, é un dos desfiles máis multitudinarios da comarca, cunha media de público que ascendeu nos últimos anos a máis de 8.000 persoas.

 

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, indica que este ano agardan contar, coma nos anteriores, con moitas comparsas, tanto de Tomiño, como doutros municipios do Sur de Pontevedra. Engade que co fin de que o desfile non se alongue moito, a saída será moi puntual (21.30 horas), desde o colexio Pedro Caselles Beltrán.

 

As bases completas, así coma o borrador do modelo de solicitude, poden consultarse na páxina web do Concello (http://tomino.gal) ou ben no Concello, en horario de 08.00 a 15.00 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.