Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 03 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Cultura perfila en Mos a inversión autonómica no municipio para este ano

Destacan neste sentido as colaboracións coa Fundación Pazo de Mos e o festival O Son do Pazo.

[Img #30230]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, reuníronse onte no Salón de Sesións do Concello co Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, para abordar o tema do convenio de colaboración coa Fundación Pazo de Mos de cara ao presente ano 2017.

 

Para a inclusión no devandito convenio as representantes municipais trasladáronlle a Lorenzo o interese da administración local e da Fundación Pazo de Mos en diversas actuacións musicais, noutro ciclo de cine galego –xa que o do ano pasado foi todo un éxito de afluencia- , e espectáculos infantís para disfrutar en familia, así coma concertos para o III Festival Intercéltico O Son do Pazo.

 

Así mesmo o secretario xeral recolleu as demandas da rexedora local mosense e da edil de Cultura para elaborar un estudo das necesidades municipais en materia de cultura co obxectivo de analizar posibles axudas ás que o Concello puidera optar para a restauración de retablos, melloras no arquivo e na Biblioteca municipais, etc.

 

Anxo Lorenzo trasladoulles tamén a Arévalo e Cebreiro a intención do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, de visitar o Concello de Mos próximamente. E por último, abordaron a repercusión a nivel cultural da mosense Mesa do Camiño que vai ser constituída en breve.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.