MOS
A alcaldesa de Mos pide en Deputación a mellora inminente da estrada Puxeiros-Mos
En decembro fora aprobada por unanimidade da Corporación Municipal unha moción plenaria a este respecto.
![[Img #30268]](upload/img/periodico/img_30268.jpg)
A alcaldesa de Mos tiña concertada onte unha reunión en Pontevedra coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, á que finalmente acudiu o deputado David Regades no seu lugar.
Durante o encontro, Arévalo trasladoulle a Regades o mal estado das estradas provinciais ao seu paso por Mos facendo especial fincapé en dous viais: a estrada Puxeiros-Mos e a estrada Puxeiros-Peinador.
A principal preocupación da rexedora local é a estrada Puxeiros-Mos, gravemente afectada ao seu paso polas parroquias mosenses de Dornelas, Tameiga, Torroso e Mos, e que conta cun proxecto de mellora elaborado polo Concello e que leva presentado na Deputación de Pontevedra dende o ano 2009. Informa Nidia Arévalo de que o propio David Regades recoñeceulle a prioridade da realización de obras neste vial.
Estas melloras na estrada Puxeiros-Mos non se fixeron co anterior goberno da Deputación de Pontevedra porque se acometeron primeiramente outros proxectos tamén de vital importancia para o municipio, segundo explica Nidia Arévalo.
O proxecto de mellora da estrada Puxeiros-Mos é un documento moi completo que consta de catro fases e un orzamento de máis de 600.000 euros, do cal unha parte sería asumida pola administración local mosense.
Respecto deste vial a alcaldesa informou tamén a Regades da moción presentada polo BNG no Pleno municipal do pasado mes de decembro e aprobada por unanimidade da Corporación instando á Deputación a que mellore a estrada Puxeiros-Mos.
A outra estrada prioritaria, a de Puxeiros-Peinador, constitúe un dos principais viais de servizos para a área de influencia de Vigo e é unha infraestrutura viaria que dende o Concello de Mos se pide que a Deputación de Pontevedra acondicione asumindo o cen por cen dos custes.
Por último Arévalo referiuse tamén á terceira estrada provincial mosense, a Peinador-Os Valos, na que urxen traballos de mantemento, limpeza viaria, e reparación de baldosas levantadas nas beirarrúas.
En resumo, a alcaldesa de Mos trasladoulle ao deputado Regades o mal estado das estradas provinciais do Concello en xeral, mal estado que quedaba patente nun informe valorado por técnicos municipais presentado ante a administración provincial en marzo de 2016 e sobre o que, 10 meses despois, aínda non houbo resposta.
Concluiu Nidia Arévalo insistindo en que “son moitas as queixas veciñais que nos chegan sobre o estado das estradas provinciais e que á súa vez dende o Concello remitimos semanalmente por escrito á Deputación de Pontevedra. Por iso Mos reclama que dunha vez por todas a Deputación actúe; xa que o que pedimos non é un sentir da alcaldesa, senón de toda a Corporación Municipal e dos máis de 15.000 veciños e veciñas mosenses”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149