Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 04 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

O Concello anuncia a cancelación de todas as actividades organizadas para esta fin de semana en edificios públicos

[Img #30277]

 

Ó igual que en 2016 o de Mos é un dos concellos da provincia de Pontevedra máis afectados polos temporais de principios de ano. E tamén igual que o ano pasado, nesta ocasión a primeira administración que se achega ata o municipio mosense a comprobar de primeira man os danos do temporal e interesarse por porlle solucións é a Xunta de Galicia. En febreiro de 2016 facíao o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e esta mañá fíxoo o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitando o Pavillón de Pena de Francia, que onte sufriu graves estragos derrubándose as dúas paredes que se atopaban xusto detrás de ámbalas dúas porterías.

 

Acompañaron a López-Chaves na súa visita a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, a concelleira de Educación, Kely Monzón, e o edil de Patrimonio, Camilo Augusto. Durante a visita atopábanse tamén facendo traballos de retirada de escombros e aplicación doutras medidas de seguridade voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Mos.

 

A alcaldesa informou de que a continuación reuniríase in situ co Xefe da Policía Local, o Coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias e a Arquitecto Técnico municipal para decretar medidas técnicas de seguridade no pavillón e as súas inmediacións, aínda que xa hai un protocolo de seguridade posto en marcha consistente en concreto no Pavillón Pena de Francia e as súas inmediacións haberá vixilancia permanente 24 horas (ata o luns) por parte da Policía Local e/ou Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil; Quedan inabilitadas totalmente as instalacións. Ninguén poderá acceder nin achercarse ata novo aviso. A zona será vallada; O luns o Concello iniciará a redacción dun proxecto de rehabilitación do edificio para cuxa inminente execución buscarase colaboración supramunicipal; Pídese e recoméndase aos pais e nais de alumnos/as do Colexio Pena de Francia que, na medida do posible, manden aos seus fillos á escola no transporte escolar (os vindeiros luns e martes) para evitar colapsos de tráfico na zona e  Solicítase aos pais e nais de alumnos/as do Colexio Pena de Francia, e en xeral a calquera veciño/a, que non utilicen o aparcadoiro que se atopa xunto ao pavillón

 

En xeral no Concello de Mos quedan suspendidas todas as actividades programadas para a presente fin de semana nos edificios públicos municipais, ademáis porase un cartel informando ao respecto en cada un deses edificios; informarase de novas medidas, no caso de adoitarse, na páxina web municipal www.mos.es e no Facebook do Concello de Mos. Polo que se recomenda aos veciños/as que estean pendientes destas dúas plataformas dixital.

 

Por último a rexedora local mosense agradeceu toda a colaboración das moitas persoas que están a traballar pese as inclemencias do tempo para que as consecuencias do temporal sexan as menores posibles e, en especial, deulle as grazas ó delegado da Xunta por acudir tan rápidamente a Mos esta mañá. E concluiu a alcaldesa declarando que “espero que a Deputación esta vez colabore co Concello de Mos nesta situación extrema e sobrevenida, xa que o ano pasado non fixo nada. Nunca é tarde se a dicha e boa e agradeceríamos enormemente a axuda da administración provincial”, concluiu. 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.