Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21
Martes, 07 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Unha andaina entre Salvaterra e Monção para celebrar o Día dos Namorados

A andaina contará con dous guías e percorrerá os núcleos históricos de Salvaterra e Monção, onde serán contadas diferentes lendas e curiosidades. O prezo da inscrición inclúe seguro, té e un bolo.

[Img #30289]

 

O domingo 12 de febreiro a asociación Lazoiro de Salvaterra e RAIA  de Monção organizarán unha andaina para celebrar o día dos namorados seguindo así os versos do poeta monçanense João Verde: Vendo-os assim tão pertinho / A Galiza mail`o o Minho / São como dois namorados / Que o rio traz separados / Quasi desde o nascimento / Deixai-os, pois, namorar / Já que os pães para casar / Lhes não dão consentimento”.

 

Comezará ás 15:30h (hora galega) do lado de  Monção fronte ao panel de azulexos adicado  a João Verde, preto da Praça Deu-la-Deu. Terá un percorrido de aproximado de 4km  e para inscribirse haberá que cubrir un formulario dispoñible na páxina de Facebook de https://www.facebook.com/atearaia onde o prezo dos socios  ou socias de calquera das dúas asociacións será de 3€ e dos non socios ou socias de 4€ e de 5€ para os que se anoten no día.

 

Desta forma as dúas asociacións pretenden celebrar o Día dos Namorados transmitindo  aos  asistentes á andaina a descubrir as relacións apaixonantes entre estas dúas vilas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.