Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 07 de Febrero de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

Xun@s na Cociña reforza os vínculos familiares entre fogóns

As asociacións mosenses acollerán obradoiros de cociña para familias con motivo das festividades do Entroido, Festa da Rosa e Nadal

[Img #30311]

 

Esta tarde celebrouse a presentación do programa “Xunt@s na Cociña” 2017, enmarcado dentro do programa de Familias 2017. Celebrouse na sede da Asociación das Mulleres Rurais en Sanguiñeda coa presencia de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Kely Monzón, concelleira de Educación e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura, representantes de Mulleres Rurais e representantes de 19 asociacións do municipio.

 

Este programa está integrado por tres obradoiros interxeracionais que terán como destinatarias as familias dos Concello de Mos con nenos dende os 4 anos de idade. Se realizarán ó longo do presente ano 2017, con motivo de diferentes festividades como son  o Entroido, a Festa da Rosa e o Nadal. A denominación dos mesmos será: “Entroido doce”, “Cociñamos na Rosa” e “Doce Nadal”, respectivamente.

 

As actividades deberán contar cun mínimo de 12 participantes e cun máximo de 20 e impartiranse nas aulas cedidas polas diferentes asociacións do Concello de Mos. No caso de “Entroido doce” será ó sábado 25 de febreiro, cunha duración de 3 horas (10:30 - 13:30h.)

 

[Img #30308]

A concelleira responsable deste programa, Kely Monzón, explicou sobre o mesmo que “Xunt@s na Cociña ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais, no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretenden crear estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio recíproco, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias. Fomentarase, nas persoas maiores o envellecemento activo, mellorando a súa actividade cognitiva e social, e nas persoas máis novas melloraranse as súas habilidades sociais e a empatía cara ao resto das xeracións”.

 

Monzón informou tamén de que, “tendo en conta o total de parroquias que forman o noso Concello, será un total de 10 obradoiros, repartidos entre as distintas festividades. A idea é que nestes obradoiros participen todas as asociacións das distintas parroquias do noso Concello. Serán as distintas asociacións de cada parroquia, as que decidirán en que obradoiro queren participar, debendo chegar a un acordo para centralizar a realización da actividade nun espazo concreto. O requisito indispensable será que a asociación na que se determine realizar o obradoiro dispoña de espazo debidamente acondicionado para a realización do mesmo. Así mesmo, se máis de catro parroquias demandasen o mesmo obradoiro, este adxudicarase por rigorosa orde de entrada en Rexistro”.

 

“Entroido doce”


[Img #30313]

 

Tendo presente a festividade de Entroido, quéreselles brindar ás familias mosenses a  oportunidade de gozar xuntos e relacionarse con outras familias a vez que gozan de dita festividade.

 

O Entroido é unha festividade que en Galicia ten gran seguimento por parte da poboación e que vai ligada en gran parte o ámbito gastronómico, son coñecidos na nosa comunidade os doces de Entroido. É por elo que, aproveitando a cultura que nos rodea, proponse este obradoiro. A idea é que neste obradoiro participen todas as asociacións das distintas parroquias do Concello.

 

No programa poderán participar gratuítamente persoas de todas as idades a partir de 4 anos; tendo preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas/os, avoas/avós, fillas/os; nais/pais…). As nenas e nenos de entre 13 e 17 anos (ambos inclusive) que queiran acudir sós deberán achegar o consentimento da nai ou pai ou da titora ou titor. As nenas e nenos de menos de 13 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta; en ningún caso poderán participar menores de 13 anos non acompañados.

 

Terán preferencia, primeiramente, aquelas persoas residentes na parroquia onde se desenvolva ó obradoiro. De non cubrise todas as prazas, tamén poderán ser beneficiarias do programa persoas doutras parroquias veciñas, pertencentes ó Concello, sempre que presenten a correspondente solicitude.

 

O prazo de inscrición para a adhesión da Asociación ó obradoiro “Entroido doce” será ata o 17 febreiro. Unha vez finalizado ese prazo, a propia asociación deberá entregar a solicitude e relación dos participantes ó Concello.

 

A actividade consistirá na elaboración de sobremesas típicas de Entroido. Para elo  tentarase levar a cabo una dinámica de participación activa das persoas que asistan ó obradoiro. Búscase acadar un bo nivel de implicación e interactuación entre os diferentes participantes, así como contribuír a que estes o pasen ben.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.