Mos
O DOG publica a orde de aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos
Esta plan xeral dará máis futuro a Mos, máis capacidade para a instalación de empresas e máis valor para as vivendas
![[Img #30343]](upload/img/periodico/img_30343.jpg)
O Diario Oficial de Galicia publica (http://bit.ly/2lkk3MX) hoxe a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mos, que ata o de agora se rexía por unhas normas subsidiarias de 1992.
O plan xeral de ordenación da futuro a Mos, porque dará máis capacidade para a instalación de empresas e máis valor para as vivendas, e sobre todo para os principais beneficiarios: os veciños. O documento de ordenación municipal recolle o crecemento dos núcleos rurais de 39 a 119, ademais de achegar seguridade xurídica ás empresas que operan no concello.
O PXOM de Mos supón un bo exemplo de urbanismo centrado nas persoas, xa que a esta filosofía responden as súas liñas mestras, como por exemplo: a creación dun sistema viario que vertebre os solos urbanos de norte a sur e os núcleos rurais e de nova creación de leste a oeste; a concentración de futuras zonas de crecemento; a consolidación do núcleo das Pozas como centro cívico do municipio; a conservación do medio natural, especialmente en zonas como os montes de Galiñeiro e Galleiro e ao longo do río Louro; a recuperación do patrimonio cultural e arqueolóxico do concello; e a creación de novas zonas verdes en lugares como A Portela, As Pozas, Monte e Campo de Eiró

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149